O noso taboleiro: ASUN, MESTRA DE VIDA

ASUN, MESTRA DE VIDA

Este é o título do libro que a ASOCIACION MULLERES CRISTIÁS GALEGAS EXERIA adicou a ASUN LOUZÁN TOMÉ como recoñecemento e homenaxe a unha muller que puxo ao servizo das persoas e colectivos con quen se relacionou, a súa intelixencia, a súa creatividade e o seu compromiso consecuencia da súa profunda fe.

O limiar do libro é un texto precioso de Pilar Wirtz. Nel recoñece que con esta publicación o que pretendemos é presentar a Asun seguindo o curso do seu río vital cara arriba e cara abaixo. Cara arriba, cara á fonte que fixo posible a súa existencia real e concreta. Asun e a fondura da súa fe, o Misterio da súa intimidade habitada. Cara abaixo, os lugares por donde foi transitando, donde foi poñendo as súas capacidades, a súa creatividade, a súa sensibilidade, a súa sabedoría. En todos eses lugares, familia, traballo, parroquia, proxectos, Asun deixou a súa pegada única e orixinal. Seguir lendo

Advertisements
Publicado en O Noso taboleiro | Etiquetado , , | Deixar un comentario

A peneira

A entrega dos NOBEL de Física fainos celebrar a colaboración do físico Xoán Calderón Bustillo (Silleda 1988) dende Xeorxia, que está a buscar con eles o xeito de escoitar o son do universo, as ondas gravitacionais.

O abandono do MONTE provoca iniciativas coma a startup dos enxeñeiros Xosé Luis Gude, Siro González e Begoña L. Castro que coa aplicación Smartwood, grazas a unha referencia catrastal informan aos propietarios dos pasos a dar para aproveitar a súa parcela.

Nas XIII Xornadas de Política Lingüística, o 24, celebramos a MARICA CAMPO lembrando o seu “Mencer” cantado por Fuxan os Ventos: “Disque vai frio nos montes galegos…”. Na foto, intervindo na homenaxe a Mero e Mini no Paseo dos Soños de Vilalba. Seguir lendo

Publicado en A Peneira | Etiquetado , , , , , , , , | Deixar un comentario

ENTREVISTA: Proxecto Cárcere: “A nosa maior virtude e dificultade é a nosa diversidade”

http://proxectocarcere.blogaliza.org/files/2012/03/proxecto-carcere.jpg

O Proxecto Cárcere é un movemento de persoas e colectivos que desde 2011 traballan presencial ou virtualmente na idea de transformar o emblemático espazo da antiga prisión provincial da Coruña nun espazo de participación cidadá: toda unha mostra de tenacidade e ilusión colectiva.

O Concello de A Coruña asina a comezos de 2017, coa SIEP, institución dependente do Ministerio de Interior, un convenio de cesión de uso temporal, para usos sociocomunitarios e a realización de actividades culturais e presenta unha convocatoria en concorrencia competitiva para o desenvolvemento de proxectos de dinamización cultural e sociocultural poñendo especial relevancia na recuperación da memoria histórica, á cal se presentou Proxecto Cárcere. Conversamos con representantes do Colectivo

Contade algo das vosas orixes: cando como e por que se forma o colectivo chamado “Proxecto cárcere”?

Xurdiu a partir dunhas xornadas sobre novos modelos de xestión cultural organizadas pola Concellería de Cultura durante o goberno do bipartito BNG-PSOE, en novembro de 2010. Alí xuntámonos persoas de diferentes colectivos e ámbitos da arte, cultura e movementos sociais da cidade e comezamos a imaxinar o que se podería facer cun espazo tan emblemático e cheo de posibilidades como a antiga prisión provincial da Coruña. Seguir lendo

Publicado en Entrevista ou páxinas centrais | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Páxinas centrais: Mini e Mero: O brado da nosa terra

Resultado de imaxes para Mini e Mero

Benqueridos Mini e Mero,

Pensar en vosoutros transpórtanos no tempo. É moita fidelidade a que nos regalastes. Moita vida do noso señor, moita forza ilusionada.

E vennos á memoria aquilo que cantabamos nos setenta e moitos con Zeca Afonso:

Só ouve o brado da terra
quem dentro dela
veio a nascer….
Mal haja a noite assassina
e quem domina
sem nos vencer

Se houber en Galicia un 25 de abril, co seu exército do pobo e o seu pobo irmandiñado tomando as rúas, pacífico, afouto e festeiro, con flores de toxo e xesta, a berrar liberdade, nación e caldo de nabiza para todos, a nosa Grândola vila morena sería una peza de Mini e Mero. Seguir lendo

Publicado en Entrevista ou páxinas centrais | Etiquetado , , | Deixar un comentario

O trasno: A miopía do crecemento e as lindes dos Lindanos

O lindano, elemento base de pesticidas nos anos tolos daquel milagre da industria química, a esgalla e sen control, foi identificado, xa a partir dos 70, como moi perigoso. E prohibiuse o seu uso agrícola en 2009, no convenio de Estocolmo sobre contaminantes persistentes. Aínda se usa en certos países como plan B contra os piollos e a sarna hiperresistentes. Ataca o sistema nervioso humano e é canceríxeno. A exposición prenatal asóciase con alteracións da tiroides e podería afectar ao desenvolvemento cerebral.

Hoxe hai parroquias, lugares, pozos, hortas, vidas e familias envelenados con lindano no Porriño, concello onde se asentaba a empresa química Zeltia. Sábese agora. Hai valores de Lindano cen veces superiores ao admisible. Disque setecentas toneladas de residuos cristalizados foron empregados naquela altura, cunha inconsciencia e alegría propia daqueles tempos do todo vale e do dálle-para-diante, como material para camiños, pistas e firme para asfaltado de estradas. Seguir lendo

Publicado en O Trasno | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Rumores

Hai anos, estando eu por Nicaragua, falei cun paisano que me dixera o seguinte: eu non son pobre porque teño un cabalo. Pouco máis tiña. Pero entre os da súa comunidade tiña ese privilexio. Isto podería valer para facer unha fonda reflexión sobre o relativa que é a pobreza. Ter un coche, ter un cabalo, ter unha casa ou ter uns estudos é unha sorte de riqueza. Os rapaces e rapazas do moi aconsellable documental Camiño á escola son inmensamente ricos porque poden ir á escola, aínda que teñan que camiñar todos os días moitos quilómetros para chegar a ela.

O que fai a un vivir na pobreza ou na riqueza é algo difícil de expresar. Hai xente que opta pola pobreza, outra opta polos pobres e moitos de nós non optamos. De todas maneiras penso que é moi significativo o xesto do Papa Francisco en sinalar unha data para que na Igrexa reflexionemos sobre os pobres e a súa presenza nas nosas comunidades. Porque non existe a pobreza, o que existen son os pobres.

Oxalá que nas nosas comunidades parroquiais empecemos a falar de pobres e de solucións para o drama de milleiros de persoas. A invitación do Papa non pode ser simplemente un día máis para recollida de cartos. A invitación do Papa ten que ser un punto de partida para a reflexión. Que así sexa.

Publicado en Rumores de Esperanza | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Portada

Mini e Mero. O brado da Terra

Publicado en Portada | Etiquetado , | Deixar un comentario