Rumores


Que a sociedade está a cambiar é un tópico que leva funcionando séculos. Pero neste caso é certo. A sociedade está a cambiar en todo o mundo na presenza das mulleres en todos os ámbitos. Este cambio dáse en todo o mundo. Amodiño, pero con boa letra.

Isto ocorre tamén na África que para nós é tan descoñecida. Neste continente, que parecía para nós totalmente dominado por prexuízos tribais que servían de pretexto para o machismo, hai pequenas lumieiras de esperanza.Rumores de esperanza

Sahlework Zewde foi elixida hai uns días presidenta de Etiopía. Chega a ese cargo tras unha impresionante carreira política e diplomática. Ademais hai pouco tamén se escolleu outra muller neste país para presidenta do Tribunal Supremo.

Sahlework non é a primeira presidenta africana. Levamos algunha máis como a liberiana Ellen Johnson-Sirleaf que tamén foi premio Nobel da Paz en 2011.

Outra curiosidade é que Ruanda é o país do mundo con máis deputadas nas súas cortes.

Está claro que o feito de ser muller non supón que o goberno sexa mellor. Tampouco que os dereitos das mulleres estean máis recoñecidos pero é un avance cara á normalidade que en todos os países as mulleres participen da xestión do ben común. Que incluso en África algo vaia avanzando e que isto vaia contaxiándose cara outros países. Unha sociedade xusta ten que ser igualitaria e a igualdade ten que vir coa normalidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s