O trasno


Imperio sorprendido por contraataque da Esperanza pola esquerda

Se os milenials van votar, espertando da ilusa convicción de que os clicks nas redes sociais cambian a realidade… iso podería indicar que a esperanza ten un plan.

Se mesmo diante do tupé de Donald Trump se levantan as mulleres e entran 96 de vez, nunca tal, na Cámara de Representantes… iso xa sería un serio anuncio dun inesperado contraataque.O trasno

Pero se a esquerdista Alexandria Ocasio-Cortez, de 29 anos, de orixe portorriqueña, líder da “latinidade obreira” e nada no Bronx, que traballou de camareira e estudou cun préstamo que aínda está a pagar -isto é o cocktail perfecto para envelenar o gran Depredador: muller, hispana, obreira, estudante, de esquerda e de barrio marxinal e conflitivo-, fixo historia por ser a muller máis nova en ser electa ao Congreso,… é que as mentiras do negociante sobre a incompetencia e criminalidade innata dos inmigrantes latinos esfarélanse… e a esperanza contraataca a campo aberto.

E se Illan Omar e Rashida Tlaib resulta que son as primeiras musulmás en seren electas para o Congreso dos Estados Unidos, contra todo prognóstico, contra todos os prexuízos, contra todos os Guantánamos… E se a demócrata Ayanna Pressley, de Boston, pasa a ser a primeira muller afroamericana que representa un estado elitista e branco como Massachusetts…, é que a esperanza, definitivamente, está contraatacando, festeira e rítmica, pero con firmeza.

Daniel López Muñoz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s