A peneira


Vén de estrearse o documental Outra Coruña Posible: DOMINGOS MERINO, realizado e producido por tres estudantes de xornalismo. É a historia dunha cidade, do seu primeiro alcalde democrático; Noticia 1dun traballador de Monte Alto, que tomou o bastón de mando e abriu as portas do pazo de María Pita para toda a cidadanía, sen distincións de clases. 

A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade convócanos o 1 de decembro en Touro, Noticia 2erixido xa nun símbolo da depredación salvaxe do noso país, para protestar pola ESTAFA ELÉCTRICA e en defensa da terra. Galicia, denuncian as plataformas, é esquilmada polas multinacionais mineiras, contaminada polas centrais térmicas e explotada polas eléctricas con minicentrais e turbinas eólicas, mentres a luz non para de subir. Na primeira metade do ano, a media do gasto nunha explotación agrícola galega pasou de 443 euros, que promediaban no 2017, a 514.

As ELECCIÓNS MUNICIPAIS están cada día máis próximas e os partidos políticos van definindo as súas listas para unha batalla que será a cara de can nas cidades. Noticia 3É o caso da Coruña, onde Marea Atlántica tratará de recuncar na alcaldía, mentres Paco Vázquez coquetea con Ciudadanos; ou Pontevedra, onde o BNG aspira a un sexto mandato, mentres Marea Pontevedra acaba de fichar para o segundo posto a Teresa Casal, quen fora concelleira do PSOE entre 1997 e 2011 e tenente de alcalde con Lores en dous mandatos.

No 2017, un 18,7 % da poboación galega estaba en situación de POBREZA (506.977 persoas), con ingresos inferiores a 710 €/mes, segundo o informe que vén de presentar a Rede Galega de Loita contra a Pobreza. Noticia 4A fraxilidade concéntrase nas persoas maiores de 65 anos (o 39 % das pensións teñen un importe inferior ao limiar da pobreza) e nas mulleres, que non só teñen peores datos ca os homes (24,4 % en risco de pobreza, fronte ao 20,7 % dos homes), senón que tamén difiren na evolución (1,3 % de diminución con respecto a 2016, fronte ao 4,3 % dos homes).

Coa chegada do outono as setas e os cogomelos inzan nos montes e as ASOCIACIÓNS MICOLÓXICAS, moitas delas agrupadas na Asociación Galega de Micoloxía, reactívanse. Algunhas xa son históricas, como Os Balouros de Foz, que cumpre 40 anos, ou A Cantarela de Vilagarcía e Os Cogordos de Ourense, que andan polos 35. Noticia 5Se tedes interese no tema, a Asociación Medioambiental de Amabul, de Vedra, organiza para o 1 e 2 de decembro as saídas micolóxicas Cogomelar.

A expansión da capital de Mali, BAMAKO, está a disparar a demanda de ladrillos feitos con area de alta calidade que se extrae á man do leito do río Níxer. Un traballo perigoso polas correntes e a climatoloxía. Noticia 6A area sácase a caldeirados do río e baldéirase en botes, que logo se agrupan formando fráxiles convois, como o da foto. Bamako é, tamén, un punto de confluencia das rutas migratorias que veñen da África occidental. Preto de 30.000 persoas pasaron por Mali o ano pasado, camiño de Europa.

Europa conmemora o centenario do remate da I GUERRA MUNDIAL, un conflito ao que Galicia non foi allea. Noticia 7Aínda que España se mantivo neutral, os portos galegos tiveron o seu significado como refuxio de grandes buques comerciais ou como abastecedores clandestinos de combustible, como foi o caso de Corcubión. Un estudo do Ministerio de Defensa cifrou en 124 o número de barcos fundidos fronte ás costas galegas por submarinos inimigos.

Xa podemos mercar o poemario de Baldomero Iglesias, MERO, No perfil das verbas, con preciosos debuxos de María Guerrero, libro acabado de presentar en Compostela por Alfonso Blanco, Xulio Xiz, Pilar Sampedro e David Otero, entre outros, nun acto festivo, chairego e entrañable. Noticia 8En realidade, son varios poemarios reunidos, entre eles o esgotado Doce ducias, que serviu para axudar a financiar os gastos de manter viva e en pé a casa do poeta Díaz Castro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s