O peto común

InnovArte Educación Infantil É o nome dun blog nacido en 2010 que, ademais de ser un referente da educación infantil, naceu en Galicia e está dirixido por dúas mestras e irmás galegas. Se un accede a el atopará unha páxina fundamentalmente de formación que amosa as experiencias e reflexións de Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira.... Continue Reading →

Advertisements

Rumores

Veño de estar nunha competición da miña filla. Agora, entre as actividades que fai, está a de iudo. Leva un aniño con ela e a verdade é que está encantada e nós pasamos un bo momento vendo nenos e nenas de seis e sete anos facendo chaves iudokas. Desta competición quitei en limpo unhas cantas... Continue Reading →

Entrevista: “Espazo das familias”, o legado de Antonio Gandoy

  Nunha clara mañá de primavera achégase Irimia ao nº 9 da Garaballa de Arriba, en Lugo, onde tiñamos concertada esta entrevista para coñecer a actualidade do programa “Espazo das Familias”, promovido pola Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy”. Alí agárdannos atentas, sorrintes e faladeiras Puri Fernández e Luísa Rey. Tamén nos acompaña Ermitas Fernández, que fora... Continue Reading →

Xente d’eiquí: Lois Ferradás, educador de educadores

Recentemente xubilado do mundo do ensino e xa iniciado noutras andainas, conversamos con Lois Ferradás para percorrer unha vida que reúne elementos únicos; velaí atopamos un neno de aldea; un mozo que estuda maxisterio convencido de que a profesión melloraría as persoas; un mestre que renacía mestre a través de Preescolar na casa, de Nova... Continue Reading →

O peto: Luz para o camiño

Entramos no Advento, primeiro tempo litúrxico do ano. Son catro semanas de preparación espiritual agardando a chegada de Xesús, pero ben poden valer para preparar e reflexionar sobre algúns dos camiños polos que hoxe non se transita axeitadamente. É por iso, querido Peto de San Antón, polo que acendo catro candeas en cada un destes... Continue Reading →

Xente d’eiquí: María José Eyo

María José Eyo: cando ser mestra é cousa de vocación e emoción Seguimos coa xente que vai erguendo sen ruído un país. E con motivo dun novo curso escolar, conversamos con María José Eyo Valladares, mestra e recentemente xubilada, despois de 45 anos exercendo a profesión nun centro situado ás aforas de Pontevedra. E falamos... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: