A peneira


O PADRE MELO, como é coñecido en Honduras o padre Ismael Moreno Coto, vén de ser recoñecido como Campión da xustiza, un premio que outorga a organización estadounidense “Carecen” a persoas que destacan na defensa dos dereitos humanos e na loita contra a impunidade. Foto 1Director de ERIC e Radio Progreso, obras sociais da Compañía de Xesús, xa fora distinguido no ano 2015 co “Premio Rafto de Dereitos Humanos”. Melo, ao igual que San Romero de América, é a voz dos sen voz e dos que nada teñen.

A produción da CASTAÑA caeu este ano ao redor do 30% debido á praga de avespa chinesa, un mal dato para un sector que move anualmente en Galicia ao redor de 40 millóns de euros. Foto 2É o tempo de achegarse a probalas a algún dos moitos magostos que enchen o país ao longo deste mes de novembro, como o VI Magosto Foliadeiro que se celebra en Santiago de Compostela o 17, organizado pola Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos”, unha institución que está próxima a celebrar o seu centenario.

“Pisar terra sagrada. Ecoloxía e xustiza” é o título das XVI XORNADAS DA ASOCIACIÓN DE TEÓLOGAS ESPAÑOLAS que se vai celebrar o 10 e 11 de novembro en Madrid. Noticia 3Entre as relatoras, Mercedes Navarro, gañadora o ano pasado do premio da Fundación Herbert Haag para a  Liberdade na Igrexa, e a chilena de adopción Judith Ress, autora do libro Flores de sangre, unha homenaxe a catro misioneiras americanas violadas e asasinadas na guerra civil do Salvador.

A chegada da choiva e do frío non afectan a música e o baile tradicional galego, todo o contrario, enche as escolas de xente nova, e non tan nova, desexosa de aprender as esenciais da nosa cultura. Noticia 4Nos últimos anos multiplicáronse estes centros, algúns, incluso lonxe da nosa terra, como a escola musical A PÍNTEGA AMARELA, aberta en Carabanchel Alto (Madrid), a patria de Manolito Gafotas. Máis á man, en Folgoso do Caurel, o 17 de novembro podemos participar nos “Obradoiros de música e baile tradicional” con Pepe Vaamonde, Luis Prego e Xabi Iglesias.

A cooperativa FEIRACO celebra os seus 50 anos de vida. Naceu nas terras da Barcala, impulsada por Jesús García Calvo, e desde xaneiro de 2017 está integrada en CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) xunto con Melisanto (Melide) e Os Irmandiños (Ribadeo). Noticia 5CLUN agrupa 3.500 socios de 30 concellos galegos, dá traballo a máis de 400 persoas e factura por riba dos 125 millóns de euros, un 10% deles é froito da exportación, como a que realiza ao mercado chino coas súas marcas Clesa e Únicla.

A CONTAMINACIÓN DO AIRE converteuse nun asasino silencioso que causa a morte de 7 millóns de persoas ao ano e dana a saúde de moitos máis, unicamente por respirar. Noticia 6Segundo a OMS, que vén de celebrar a “I Primeira conferencia mundial sobre contaminación do aire e saúde”, 9 de cada 10 persoas respiran aire contaminado e tóxico e un terzo das mortes por accidente cerebrovascular, cancro de pulmón e enfermidade cardíaca débense á contaminación do aire.

A multinacional ALCOA anunciou o despido de 686 traballadores das súas plantas da Coruña e Avilés; faino despois de aumentar os seus beneficios nun 50% no primeiro trimestre e de levar anos recibindo axudas públicas sen investir na mellora das instalacións. Noticia 7Non sería a primeira vez que a empresa utiliza este tipo de presión para lograr mellores condicións na compra de electricidade. Hai uns anos retirou un ERE logo de que o goberno do PP lle organizase unha poxa á súa medida. Con todo, desde que mercou INESPAL, no ano 1998, Alcoa pechou 8 das 11 plantas que tiña no Estado.

Etiopía vén de designar a Sahle-Work Zewde como presidenta do país, converténdose na única muller xefa de Estado actualmente en África e a cuarta na historia do continente. Noticia 8A elección de ZEWDE culmina as reformas sobre igualdade de xénero que puxo en marcha o primeiro ministro Abiy Ahmed e que se materializaron, por exemplo, no nomeamento dun goberno paritario. Unha boa noticia para un dos países máis poboados de África e cunha economía en desenvolvemento que algúns xa bautizaron como a China africana.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s