O peto común


A Chaira é todo un misterio. Hoxe asexaba a neve, mais non. As cores pardas do outono insinuaban o frío mentres dabamos grazas por Xosé Manuel Carballo no seu cabodano… Sobraban liturxias, santos e sotanas e tratamentos de reverendo padre que Carballo endexamais aceptaría. Pero ben, foi fermoso. Comprobei desde o fondo, o divorcio do clero e do pobo. Atrás, os homes en pé. Ninguén contestaba as respostas da misa, meritoriamente en galego. Mirei cada rostro, mirei os beizos, tentei escoitar os rezos… Nin galego nin castelán, xente en silencio… Só contestaba un corifeo de corenta cregos afeitos…O peto

O mesmo vivín en Roma na canonización de Monseñor Romero: latín, grego, italiano, alemán Inglés… Había 8 000 salvadoreños!!! Nin unha canción, nin un saúdo en castelán. Canto había gostar oírlle ao coro da Basílica: No hay cosa más bonita que mirar a un pueblo reunido… Cristo Cristo Jesús, identifícate con nosotros… Creo en vós, arquitecto ingeniero… O pobo en silencio!

Convidáronnos a cear no comedor de Sta. Marta no Vaticano. Cardeais, bispos con chofer, secretarios, asistentes… Abriuse unha porta e apareceu Francisco, o Papa, sen asistentes. Tomou a bandexa e achegouse ao menú libre e colleu: ananás, espaguete… Ceou en dez minutos e marchou.

Non entendín moito o cerimonial ata que coñecín a Rosa Chávez, primeiro cardeal do Salvador, eterno bispo auxiliar sen ascenso por ser fiel ao profeta. No Salvador, cando falan de Monseñor Romero, dinlle o PROFETA. Aló entre sotanas de corte romano, ribeteadas de púrpura, solideos colorados…, estaba aquel home sinxelo, vestido con traxe humilde, falando con paixón do PROFETA. Non tiña secretario, nin chofer. Acordei  cando coñecín a Helder Camara en Compostela e tantos bispos pasaban sen saudalo.

Na Chaira todo fala de sinxeleza, de humidade, de castiñeiros e nogueiras…, de Carballo ilusionista e ilusionador dun pobo esperanzado!!!

Rubén Aramburu

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s