Editorial

Non é iso, é o Poder

As historias que emerxen e saen á luz en Hollywood sobre acosos, abusos e chantaxes sexuais de directores e produtores machos sobre mulleres, actrices de cine, que eles dirixiron ou produciron, acadan unha resonancia inigualable. Teñen, felizmente,  unha eficacia pedagóxica imposible de superar. Son o espello no que se mira a cultura actual e a modernidade en xeral, para comprobar con pasmo que non é tan moderna como se supoñía.

Cando un feixe doutras actrices, entre as que salienta a francesa Deneuve, din que non é para tanto, que se está caendo en puritanismo e que así se vai confundir todo e rematar coa galentería, desátase, con razón, un lío universal. Seguir lendo

Advertisements
Publicado en Editorial | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

O fachineiro

Doce ducias

Seguro que non había ser o único lugar no que se deu tal circunstancia, pero tivo certo eco o feito de que os magos de Oriente dixesen en Vilagarcía que tiñan problemas co galego. Para os anglosaxóns este trío son os tres homes sabios. A ver se vai ser que nin eran reis, nin sabios nin de Oriente. Vamos, o que se coñece coma un fake en tempos da posverdade. Que mala sorte ten o galego que ata as Súas Maxestades se empeñan en afastáreno das crianzas. Menos mal que aínda quedan homes sabios, verdadeiros e que nos achegan ás palabras e que nos lembran a importancia que teñen. Deixádeme citar estas palabras: “E non pode haber leis que invadan e arremetan contra a voz orixinal que nos expresa. Non podemos permitir e aínda menos que veñan facendo uso dunha lei desde o desprezo ao noso, á propia Casa”. Nese mesmo texto, titulado Nós e o noso, dis que as linguas son códigos de entendemento e de cohesión social, pero tamén se engade que “Para ter honra hai que ter ese dentro, esas entrañas onde habita o entrañable, a tenrura, o aloumiño…”. Quen queira saber máis ten que agardar pola seguinte edición de Doce ducias, de Mero Iglesias, que a presente xa está esgotada. Se non se fan con el antes, os de Vilagarcía pódenllo pedir a Papá Noel.

A.Q.

Publicado en O fachineiro | Etiquetado , | Deixar un comentario

Pingas de orballo

A cega de Gondel

Xabier Rodríguez, músico e profesor de gaiteiros, hoxe desaparecido e evocado, foi a persoa que máis me informou da Cega. Foi o primeiro en darme seriamente datos sobre da “Cega de Gondel”, que outros chamaban a Cega de Milleirós –porque de alá viñera- e era, en definitiva, unha muller que tiña a ben cantar, aguzar os sentires, aledar a xente por onde ía, en foliadas e romarías grazas a aquel xeito de manexar socialmente o seu violín e, ao mesmo tempo, sacar adiante toda unha familia numerosa, nuns tempos nos que non había máis ca fame e miserias, aínda con moitos rancores producidos pola Guerra Civil, de tanta mágoa e tristura. Seguir lendo

Publicado en Pingas de orballo | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Entrevista

Tecendo comunidade e futuro desde Vilardevós

Desde 1990 o Centro de Desenvolvemento Rural “Portas Abertas” teima por animar a vida, proporcionar coidados e abrir oportunidades aos veciños e veciñas de Vilardevós e comarca. O que daquela parecía unha iniciativa voluntariosa e ben intencionada revélase hoxe, vista a evolución das comunidades rurais galegas, como un exemplo do que sería necesario implantar e promover polo país enteiro. Conversamos con Tamara Balboa coordinadora de actividades deste CDR

Quen está no inicio de todo isto?

Foi Digno González Diéguez, párroco daquelas de Arzádegos, Florderrei e Vilarello da Cota, e un grupo de persoas de Arzádegos os que formaron a primeira Xunta Directiva, no ano 1990, tras un traballo de desenvolvemento comunitario que comezou décadas atrás. Nese ano formalizouse a asociación e a coordinación co C.D.R O Viso e outros centros que un ano máis tarde confluirían con nós en COCEDER (Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural). Seguir lendo

Publicado en Entrevista ou páxinas centrais | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Ler para camiñar

 Los últimos. Voces de la Laponia española.

O autor, Paco Cerdá, é xornalista. E nótase nestes dez capítulos que percorren o territorio enorme do Sistema Ibérico. Miras sobre o mapa e semella o dobre de extenso que a Cataluña limítrofe. Ou quizais seis veces o País Vasco. Como as serras non coñecen fronteiras, este amplo territorio esténdese por catro comunidades autónomas.

O xornalista, nunha viaxe chea de reviravoltas, percorre en cento sesenta e tres páxinas máis de 2.500 quilómetros pola España baldeira, a chamada Laponia española da serranía Celtibérica.

Como a historia das xentes que viven aquí vén de moi lonxe, hai uns 1.355 pobos e aldeas a cabalo das montañas e do frío. Con menos de 8 h/km2, non existe un lugar tan baldeiro en Europa. Nin sequera na Laponia finesa. Seguir lendo

Publicado en Ler para camiñar | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

O peto

Tempos, historias, cambios

Camiñando xa polo 2018, e pensando o típico de “Como pasan os anos!” matino noutros tempos, historias, cambios… Recentemente vin unha película As mozas do 6º andar, francesa, ambientada na década dos 60 en París, e nas mulleres que emigraban para ir traballar alí, dende Burgos, Toledo, Pontevedra. A película é sinxela, unha comedia que non narra nada especialmente diferente ou asombroso. Conta un pouco a vida cotiá dun grupo de mulleres de diferentes idades que chegan a París para traballaren en casas de familias ben acomodadas. Seguir lendo

Publicado en O Peto Común (antes de Sto. Antón) | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Política

As dereitas

En España nunca houbo unha dereita única, aínda admitindo que o PP conseguiu unificar, no seu seo, practicamente a todas as forzas que se predican de dereitas, ata o punto de que se lle atribúe como un mérito integrar incluso a dereita extrema. Con trazo groso podemos identificar desde sempre, polo menos, tres formacións de dereita: o propio Partido Popular, a dereita catalana de Convergència i Unio e o PNV de Euzkadi. Outras formacións máis cativas, en ocasións con certa relevancia, xiraron arredor destas tres decisivas formacións como satélites.

Seguir lendo

Publicado en Política | Etiquetado , | Deixar un comentario