Domingo 24 de febreiro de 2019. VII do Tempo Ordinario


Tratade aos demáis como queredes que eles vos traten.

Facede o ben e prestade sen esperar nada. Sede compasivos como voso Pai é compasivo. (Lc 6, 27-38)

Igrexa de Bethel da Haia.  Créditos: http://ilsismografo.blogspot.com/2018_12_09_archive.html

Terminan 96 días de misa ininterrompida para protexer a migrantes (Euronews, 31/1/2019). Foi unha misa que tivo lugar as 24 horas do día durante 96 días, e finalmente chegou ao seu fin despois de que a familia de refuxiados á que se protexía da deportación fose indultada.

A Igrexa Bethel da Haia (Países Baixos) acolleu á familia Tamrazyan, refuxiados políticos de Armenia, con máis de 2.000 horas de celebración continua, desde o 26 de outubro ata o 30 de Xaneiro. Segundo a lei holandesa, a policía non está autorizada a entrar nunha igrexa mentres se realizan as oracións.

O pastor Axel Wicke comprometeuse a levar a cabo oracións “día e noite, as 24 horas do día”, mentres que o caso de asilo da familia non estivese resolto, o que levou a pastores voluntarios a realizar unha “carreira de substitucións relixiosa” para manter o servizo en marcha.

Tras o indulto, o goberno holandés explicou que revisará centos de casos de asilo, dicindo que cría que á maioría deles se lles concedería a residencia.

Estamos moi agradecidos de que centos de familias de refuxiados nos Países Baixos poidan ter un futuro seguro”, dixo Theo Hettema, presidente do Consello da Igrexa Protestante da Haia. “Durante meses mantivemos a esperanza e agora, esa esperanza está a tomar forma. Estamos profundamente impresionados por todos os fieis, voluntarios e outros que participaron neste acto de refuxio na igrexa”.

A familia Tamrazyan tamén publicou unha breve declaración en Twitter, agradecendo a todos os que contribuíron ao servizo. “Continuamos xuntos, con todos os voluntarios, pastores, visitantes, etc.”.

Esta era a noticia que nos chamou a atención a finais de Xaneiro. E non queriamos deixala pasar sen facérvola chegar. Resulta abraiante que, nos nosos días, aínda haxa que botar man dunha lei medieval, acollerse a sagrado, para defender a persoas.

E tamén hai que resaltar a actitude desta igrexa cristiá, co seu compromiso na celebración, tanto de pastores como de laicos, día e noite, a todas horas, sen renderse.

Pois segue sendo totalmente actual a regra de ouro de tratar aos demais como me gustaría que me tratasen a min. Porque, que mensaxe lle estou a transmitir á miña irmá refuxiada cando vou acompañala na igrexa a calquera hora para así garantir a súa seguridade? Que significado pasa a ter ese ir a misa cando marca a diferencia entre a vida no país que é o teu fogar desde hai anos ou a expulsión?

Estoulle dicindo que aquí me tes, ao teu carón, e que esas palabras que repetimos en misa, ás veces sen decatarnos moi ben do que dicimos, son reais, son de verdade. Ese rito dominical convértese en compromiso e declaración de que estamos dispostas a poñer da nosa parte para ser compasivas como o noso Pai/Nai é compasivo.

Aínda queda esperanza.

OLGA ÁLVAREZ

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s