Domingo 3 de marzo de 2019. IX do Tempo Ordinario


O lixo e a trabe (Lc 6, 39–45)

O evanxeo segundo san Lucas deste domingo forma parte do longo discurso de Xesús que comezará coa proclamación das Benaventuranzas. O Mestre propón á súa audiencia unha serie de sentenzas que poñen en garda contra quen viven autorreferenciados/as e consideran que so eles ou elas teñen a verdade e so eles ou elas cumpren axeitadamente os preceptos e levan unha conduta exemplar.
Para Xesús estas persoas que viven preocupadas por demostrar os demais que son mellores e, polo tanto, teñen lexitimidade para guiar, ensinar, confrontar os demais, son hipócritas, orgullosas e cegas. A boa conduta nace no corazón e vive a carón da bondade e como xa dixera un pouquiño antes a chamada non é a xulgar, senón a ser misericordiosos e misericordiosa como Deus o é con nos.
Estas palabras do mestre aparecen hoxe especialmente relevantes. Estes dias estamos a asistir no Vaticano o chamado “cumio contra os abusos a menores”. Estamos a escoitar testemuñas duras e cheas de dor de persoas que foron violadas no seu corpo e no seu espírito por cregos que parecían estar dotados de autoridade moral e espiritual pero que so eran capaces de ver o lixo no ollo alleo pero non ver a trabe no seu. Homes orgullosos do seu status e que incluso as veces sentíanse mellores que o seu Mestre. Homes en fin, que esqueceron o seu corazón e a misericordia a que foron chamados para converterse en árbore con froitos ruíns.

Dos toxos non se collen figos

Na medida que se van escoitando os relatorios cáese na conta de que os abusos, froito do clericalismo, do machismo é de moitas cousas máis, eran un segredo a voces. Moitos e moitas o sabían, moitos e moitas o padeceron, pero nada se dicía porque o medo, o sentido de pertenza mal entendido obrigaban o silencio. Hoxe todos sentimos vergoña e tamén indignación pero necesítase algo mais e moita xente estamos a espera de que cheguen cambios, respostas novas, audacia e misericordia.
Dos toxos non se collen figos, nin das silveiras se vendiman uvas, necesitamos árbores que dean froitos bos, unha igrexa de homes e mulleres de corazón bo, que medran a carón do evanxeo que levan na alma as benaventuranzas, Queremos un liderado na Igrexa no que poder confiar, que escoite as nosas voces pero que non intenten controlar as nosas vidas nin para ven nin para mal. Quizais a labazada que está a supor a morea de abusos a nenos e nenas e a persoas adultas nos leve a ir mais aló de un acto de contrición e miremos o Mestre, os seus valores e o seu xeito de construír comunidade.
Xa abonda de árbores podres, de guías cegos que non ven mais que o lixo nos ollos da xente boa e esquecen a trabe que levan no seu!

Carme Soto Varela

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s