Páxinas centrais

Cinco anos dunha sorpresa chamada Francisco Francesco, repara a miña Igrexa ruinosa (Rubén Aramburu) Chovía en Armenteira na tarde do 13 de marzo do 2013. Rematadas as vésperas, correu a nova da fumata branca. Recordo os nervios. Non había TV, e xuntámonos diante da habitación do Padre Juan María; a través dun portátil e da wifi conectamos... Seguir lendo →

Advertisements

Editorial

Anemia practicante Despois da Semana Santa, recibimos de cregos amigos e activos en Irimia a constatación dunha realidade: a caída na práctica relixiosa tradicional. Celebracións que antes convocaban unha boa cantidade de persoas son agora o mellor termómetro desa caída. E a mocidade está noutras cousas. Que sexa a crónica dunha agonía anunciada non resta... Seguir lendo →

Utopía – Deus habita na cidade

Benquerido Antón: Hai xa tempo que cho quería dicir. Impresionoume ver a túa imaxe cando participaches para intentar deter o desafiuzamento daquela pobre señora na Coruña. Véseche en actitude non violenta, pero ao mesmo tempo decidida, mentres o policía está intentando levantarte para que deixes de ser un atranco e os encargados de executar o... Seguir lendo →

“A todas nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo” (1 Co 12,3)

En 1978, cando era elixido Karol Wojtyła coma Papa en Roma, a igrexa permitía por primeira vez o acceso das persoas de raza negra ao sacerdocio. Obviamente non estamos a falar da igrexa católica, senón da mormona, xa que tal realidade pareceríanos unha discriminación inadmisible.Con todo, a variación do cromosoma 23 do ser humano xustifica... Seguir lendo →

Francisco foxe do ritual para se converter en mobilizador de conciencias

Non deixa de sorprender o que o Papa está a facer. Afeitos aos discursos ocos e despegados da realidade dos seus predecesores, Francisco diríxise ao mundo cunha mensaxe de paz e de reconciliación. É un Papa de xestos e de palabras. Este Ano da Misericordia foxe do publicitario, do propagandístico e do ritual, para se... Seguir lendo →

Paco Carballo: cando a patria se volve corazón

Redacción Coincidindo co final do franquismo, co ronsel creativo e renovador do Vaticano II, coa reconstrución do nacionalismo galego, coas loitas obreiras –e os curas obreiros- todo arredor dunha cidade vital e en loita –Vigo-, apareceron figuras como o frade paúl Francisco Carballo. El encarna o mellor desa época esperanzada, liberada, aberta a todo, ao... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: