Domingo 10 febreiro 2019. V do Tempo Ordinario.


Lucas 5, 1-11

mural_girl_balloon_child_heart_graffiti_innocent_love-806331.jpg!d.jpeg

“…E deixándoo todo, seguírono.”

“Señor, dame tu amor, que me haga perder mi “prudencia humana” y me impulse a arriesgarme a dar el salto”

Pedro Arrupe. (Encontro con Provinciais, México D. F., novembro 1972)

Este Pedro presta a súa voz a aquel outro Pedro, que, rosmando, con certa razón, despois de pasar tempo lavando os aparellos, aceptou ir tirar as redes outra vez, volver manchalas, volver pescar cando aínda está canso. Quen cociña sabe ben o que é que o froito de varias horas de traballo acabe en 15 mn e produza unha morea de pratos suxos. E ás poucas horas volta a comezar… e que ninguén se queixe, por riba.

Erguerse despois dun fracaso custa, é erguerse desde moi abaixo, desde terra, fiarse de outro que parece estar dicindo parvadas… mais. Hai que ter o corazón en disposición de darlle unhas boas labazadas á razón prudente e asisada, cos seus consellos sempre tan conservadores e protectores, sempre tan “prudentes”. Hai que escoller sentir antes que pensar.

Vivir en Galiza axuda a traer o rumor das ondas ao estrelarse contra esa lanchiña, o arrecendo da marea, axuda a visitar coa imaxinación a aquel home nese momento indescritible. Colocarse no instante xusto antes da decisión, antes de deixar saír as verbas definitivas “xa que ti o dis…” e escoitar por dentro as ondas de mil dúbidas, un medo a facer o ridículo, o mal xenio asomando porque ese que saberá de pescar? Cómpre esforzarse para meterse na pel dun mariñeiro cocido polo mar e de volta de case todo… Si, compre esforzarse porque nós, en bastantes ocasións, teriámolo mandado a pasear, finamente pero si. Ou non, é cousa de escoller, decidir.

Hai que pasar por ese momento para saber o que se sinte, ante o baleiro, a interrogante, a ocorrencia toleirana e tremendamente tentadora de facerlle caso a outro, confiar, fiarse del, apostar todo por esa confianza. Estraña sensación a confianza; deixar todo nas mans de alguén que non son eu, regalar o control, o mando, o poder. Aínda que eu son quen rema e vai ter que lavar outra vez o aparello se cadra. Pero a confianza é unha decisión, é traballo a partires de certa idade desde logo.

Logo, vivir a aventura de facer esa rareza que manda ese home que, por outra banda, ten mais razón ca un santo cando fala, en todo o que fai, e mais cando lles leva a contra aos que nos amolan e nos quitan os cartos, a saúde, a esperanza. Vale a pena non fiarse dos telediarios, e vogar mar adentro, vale a pena sentir a emoción que por minutos vaise parecendo a alegría…. A espreita do acontecer pode servir para que vaia chegando o gozo a pouquiños. Escoller o gozo é posible.

A hora do descubrir a verdade, de atoparse con que si, era certo. Por fin SABER que con el todo é posible, que á súa beira o fracaso non existe nin como palabra, que o medo é un invento para deixarnos na inmobilidade, a boca pechada e, sobre todo, ben confortables nesa comodidade… a esa hora compre escoller, decidir, por toda a liberdade a funcionar para saber que vou deixar, que vou xogar, que vou aceptar e que non… Sempre chega esa hora, a hora de dicir verdades incómodas, dar malas novas, deixar a seguridade, quedar mal ou ficar soa, botarse ao mar aínda que sexa sen remos. Que ven sendo para min “deixalo todo”… ?

Christina

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s