Domingo 16 de xuño de 2019. Trindade


Falando dun Deus concreto pero que supera calquera concreción

O texto de Xoán que se escolle na liturxia no marco da celebración da Trindade forma parte do longo discurso que o cuarto evanxeo pon en boca de Xesús durante a derradeira cea.

A comunidade xoánica entende que o proxecto de Xesús non rematou coa vida do mestre, senón que vai continuar nas súas seguidoras e seguidores. Pero, como esa mesma comunidade experimentou, manter vivo o proxecto de Xesús non é sempre doado e ante as dificultades xorden as dúbidas, os medos, a incerteza. As veces non todos ou todas vemos ese proxecto de Xesús do mesmo xeito e non sempre acadamos un acordo.

Non está todo dito

Ante esta experiencia a comunidade xoánica reflexiona e busca nas palabras e xestos do mestre unha lumieira que lles axude a seguir na brecha.

O primeiro que lembran é que na vida de Xesús non está todo dito. Non porque el non o dixera todo, senón porque a vida trae novas e insospeitadas situacións e experiencias que van necesitar tamén respostas novas e modos de afrontalas diferentes os acostumados. O mestre lémbralles que el e o Pai/Nai seguirán con eles, é farano xuntos coma Espírito.  

manter vivo o proxecto de Xesús non é sempre doado e ante as dificultades xorden as dúbidas, os medos, a incerteza

Esta memoria que ao longo dos séculos fraguouse no concepto de Trindade  é a que estamos chamados e chamadas a actualizar nas nosas vidas e nas nosas comunidades.

Non hai tres seres divinos actuando en harmonía, senón un Deus que salva, sostén e ama actuando na nosa vida de formas diversas pero sempre en harmonía. Deus é un. O foi en Xesús e seguiuno sendo tras a Pascua.

Deus é Trindade

Deus é pai, nai, espírito, palabra, vida… Deus é encarnación, presencia, compañía…Deus é muller, home, feminino e masculino…Todo é él/ela sen división, pero imposible de abranguer polo ollo e o corazón humano.

Xesús, sentado á mesa cos seus discípulos e discípulas, naquela derradeira cea expresa con claridade que Deus vai mais alá do que calquera ser humano pode imaxinar. O Espírito de Deus  será quen axudaranos no día a día a descubrir a novidade de Deus, aquilo que aínda non tiñamos capacidade de ver…O Espírito petará no nosos corazóns para nos invitar a escoitar unha vez máis a Boa Nova de Xesús, a Boa Nova do Reino de Deus.

o concepto de Trindade  é a que estamos chamados e chamadas a actualizar nas nosas vidas

O Deus Trindade é o Deus que busca por todos os medios acompañar as nosas vidas, amándonos ata o extremo, impulsándonos mais alá da nosa mirada miope, abrindo xanelas e portas, sosténdonos na escuridade… É memoria, é vida, é horizonte…é Deus.

Carme Soto Varela

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s