Domingo 8 de decembro de 2019. II de Advento


Ninguén é pequeno de abondo para marcar a diferenza

Mirade, está a agromar o tronco de Xesé. A sabedoría chega da man dos máis pequenos para establecer a xustiza, dinos Isaías. E Xoán retruca que ata das pedras poden saír fillos de Abraham. Nestes días está en Madrid Greta Thunberg, unha adolescente diagnosticada con síndrome de Asperger, transtorno obsesivo compulsivo e mutismo selectivo que está dando a todo o planeta unha lección de respecto e coidado sinxela pero moi poderosa. Todo empezou plantándose en agosto de 2018 na porta do parlamento sueco, reclamando os venres polo clima. 

Hai algo de profético, algo de Isaías, algo de Xoán … , en Greta Thunberg

Quen o ía dicir! Unha rapaciña de 15 anos, discapacitada, falando na ONU, deixando en ridículo aos poderosos da terra e facendo posible o vivir e moverse por todo o planeta sen deixar pegada de CO2. Hai algo de profético nesta muller nova, algo de Isaías, algo de Xoán… Igual temos que aprender dela neste advento e ver como os poderosos son derrubados dos seus tronos, como os sinxelos se levantan, como o tesón e a fortaleza está nos máis novos, como xente pequena, facendo cousas pequenas, pode cambiar o curso da historia. Ou dito co título do seu libro: “Ninguén é demasiado pequeno para marcar a diferenza”. Benia a quen coida o planeta, a casa de todas

Marisa de corme

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s