Category Archives: O Peto Común (antes de Sto. Antón)

O peto: a importancia de termos voz

Escribo desde a experiencia do rural. Para moitísimas cousas moi importantes da nosa vida non contan connosco. Se hai que suprimir unha unidade escolar, decídeno eles; se a ampliación da Rede Natura colle o teu monte veciñal, decídeno eles, e … Seguir lendo

Publicado en O Peto Común (antes de Sto. Antón) | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

O peto común: Cheos de vida

Asistimos a un novo e prodixioso vídeo baixo a iniciativa do Centro de Formación e Recursos de Ferrol para fomentar a integración do alumnado. “1 000 nenos e nenas cantan Chea de Vida”. É o título dun vídeo que en … Seguir lendo

Publicado en O Peto Común (antes de Sto. Antón), Uncategorized | Etiquetado , , , , , , , | Deixar un comentario

O peto común

Quéixase o amigo e escritor Xosé Lois García, desde o xornal Sermos Galiza, que na Catedral de Santiago hai letreiros que informan das horas das misas en inglés, alemán, italiano, francés, castelán…, pero nada en galego: “Resulta indignante… Bestial! O … Seguir lendo

Publicado en O Peto Común (antes de Sto. Antón) | Etiquetado , , , , | 1 comentario

O peto común: 23 de Abril, día do Libro

23 de abril, Día de San Xurxo, e Día do Libro. Que festa celebralo lendo tranquilamente! E compartindo o amor pola lectura. O fermoso que é deitarse ao carón dos máis pequenos da casa, e observar que precisan ese tempo … Seguir lendo

Publicado en O Peto Común (antes de Sto. Antón) | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

O peto: Viva a pataca!

En 31 concellos do norte da Coruña e Lugo non imos poder sementar patacas polo menos durante dous anos, para acabar coa “couza guatemalteca”, que está poñendo en perigo a produción de pataca. Quizais ás lectoras/es de IRIMIA lles pode … Seguir lendo

Publicado en O Peto Común (antes de Sto. Antón), Uncategorized | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

O peto: Cinco horas para nós e os nosos

Se atendemos ao que deberiamos durmir, oito horas son de descanso. Por tanto, temos dezaseis horas de “día” por diante. Se lles restamos a media do horario laboral, dispoñemos de oito para todo o demais. Contando que “perdemos” unha hora … Seguir lendo

Publicado en O Peto Común (antes de Sto. Antón) | Etiquetado , , | Deixar un comentario

O peto común

Encontro un amigo que chegou de Bos Aires e vén asustado da violencia que atopou polas rúas. Hai moita crispación e tamén delincuencia xuvenil, bandas de adolescentes coma en Río ou no Salvador. Escoito testemuños doutros países e coinciden. Na … Seguir lendo

Publicado en O Peto Común (antes de Sto. Antón) | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario