O peto


A PRISIÓN PERMANENTE REVISABLE

Co caso de Diana Quer, a case todos nos chegou o ofrecemento de asinar para non eliminar do noso código penal a prisión permanente revisable. Compartimos a inmensa dor dunha familia nesa situación e o medo doutras familias a verse en situacións semellantes; entendemos que ante unha mente tan descontrolada, e mesmo asasina, a reacción primeira é quitalo da nosa vista, canto máis tempo mellor. Pero iso igual nos impide pensar moitas cousas que deberiamos pensar.

Por que xorden persoas con tanta desorde persoal que as leva a faceren as animaladas que fan? É pura maldade? Xuntamente coa responsabilidade moral de cada quen, non existen razóns doutro tipo? Persoalmente coñecín e traballei con persoas moi desestruturadas, que tiñan feito verdadeiras barbaridades. Case sempre detrás dunha persoa dese tipo había tamén un contexto familiar e social igualmente desfeito. Noutros moitos casos había problemas psiquiátricos agudos, que ninguén afrontara con solvencia.

Que tipo de formación para a conduta se ofrece no currículo escolar? Formamos persoas para producir e para gañar cartos, pero non para saber vivir, coñecerse, entenderse, discernir os sentimentos e emocións que nos poden dominar, aprender a gobernar todo isto, capacitarse para manexar fracasos, controlar apetencias, etc. Todo este mundo de cousas tan transcendentais para a estabilidade e a felicidade dunha persoa queda normalmente no aire. A escola supón que o farán na casa e na casa ándase como se anda.

Que modelos sociais de valores e comportamentos lles ofrecemos á nosa infancia e mocidade a través dos variados medios de comunicación, dos personaxes que exaltamos, das metas que lles propoñemos, das cobizas que lles inoculamos, do consumo que lles fomentamos?

Cando unha destas persoas ingresa en prisión, que recursos de rehabilitación se lle poñen ao alcance? Que atención médico-psiquiátrica especializada se lle ofrece? Que seguimento se lle fai?

Cando se trata de revisar, a quen temos que revisar? Soamente ao individuo condenado, ou tamén a todos os factores que incidiron no delito e a todos os recursos que fan posible a súa recuperación? Cantas responsabilidades están en xogo e deberían entrar nesa revisión? Aténdense estas diferentes responsabilidades alongando a condena do culpable?

Manuel Regal Ledo

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s