O peto común


Hai unhas semanas vin unha reportaxe que me chamou moitísimo a atención, debe ser que non estou na onda. Cóntovos!

A reportaxe era sobre as aplicación para ligar e para facer “amizades” e coñecer xente… Eu pensaba que a xente se coñecía no barrio, aldea, cidade onde vives, no lugar de traballo, na universidade, nos bares, pero resulta que agora moita xente utiliza apps (programas informáticos). Pois hai xeolocalizadores que che indican cando ti estás nun lugar, nun parque, bar, etc. que persoas están interesadas en coñecer xente. Eu quedei abraida, será que estou desactualizada, e iso que non cheguei aos 40. Claro está que sabía que existían, pero non que as utilizasen tantas persoas e que fose unha moda de masas. Pois hai aplicacións para coñecer xente que saca a pasear os cans, xente á que lle gustan as motos; para coñecer xente á túa medida existen uns filtros nos que ti indicas as túas preferencias. E un dato, que no programa dicían que o 17% das persoas que casaran o ano pasado, coñecéronse a través desas apps. Isto saía que era utilizado por persoas de todas as idades. Supostamente, pos tres fotos túas e xa está. Falaban fotógrafos que facían reportaxes fotográficas para colgar os teus encantos nestas aplicacións. Eu debín de quedar noutra época, e supoño que moita xente quedou comigo, iso agardo! Respecto todas as opcións, por suposto, pero a min gústame falar coa xente, saudar pola rúa, tomar o café coas miñas compañeiras, rir cos meus amigos e coñecelos nas situación da vida diaria, do día a día; non me gusta ir cun aparato que teña un xeolocalizador indicando que o que está sentado na mesa do lado quere coñecer xente, que a el lle gusta facer submarinismo e que a súa serie favorita é Modern Family, e resulta que nin saúda, nin sorrí, nin dá as grazas se lle cedes o paso…O peto

Teresa Souto Loira

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s