O peto común


InnovArte Educación Infantil

É o nome dun blog nacido en 2010 que, ademais de ser un referente da educación infantil, naceu en Galicia e está dirixido por dúas mestras e irmás galegas. Se un accede a el atopará unha páxina fundamentalmente de formación que amosa as experiencias e reflexións de Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira. O blog recibe unha media de 1 500 visitas diarias desde Galicia, pero tamén desde Portugal, Italia ou América Latina. Foi recoñecido por algúns dos máis importantes premios estatais en pedagoxía, como son o Francisco Giner de los Ríos en 2012 ou o premio Marta Mata en 2016, este último polo libro Os fíos de infantil. InnovArte Educación Infantil que garda ata setenta experiencias das máis significativas.

Captura de pantalla 2018-04-08 a las 17.46.01

Innovarte é unha ferramenta axeitada ao proceso de aprendizaxe dos máis pequechos. As súas promotoras logran transmitir experiencias cheas de vida e afastadas de pesimismo, válidas para todas as familias, nen@s e profesionais; faino cunha visión ampla de ata 17 categorías, que van desde lexislación ata emocións, pasando pola música ou información ás familias; é unha manifestación de creatividade, de linguaxe clara e atinada, coidando a cultura e moitas tradicións; blog innovador e verdadeiro, actualizado e adaptado aos tempos, pero sen perder a esencia das cousas. Se un se asoma pola fiestra de InnovArte, percibe que detrás desta criatura hai unha paixón e un compromiso construídos na experiencia que dan os anos. É de agradecer que tan pretiño de nós haxa xente capaz de crear algo tan fermoso e útil. Tamén se agradece a forma sinxela e natural de comunicar e por iso este blog que nos di que educar é unha arte, é unha verdadeira obra mestra á que se lle desexa moitos anos de vida.

Josecho de la Torre

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: