O peto Común


O sur tamén existe, dicía nun poema Mario Benedetti. Acontece na maior parte dos países, o sur sempre é máis pobre. No sur de Italia, cara ao Adriático, hai unha rexión chamada Molfetta tamén empobrecida e houbo aló un bispo que todos chamaban Tonino, que case nunca vestía de bispo e que morreu moi novo, aos 58 anos. D. Tonino transformou o elegante edificio do bispado nunha casa de acollida… Non tiña secretario e era el quen abría a porta e contestaba ao teléfono. Na súa casa vivían inmigrantes e familias desafiuzadas, e acollía alcohólicos e drogatas. Púxose á fronte de loitas tremendas, mesmo contra o exército italiano, que quería establecer un gran campo de tiro, arruinando centos de labregos. D. Tonino ía por diante de moitos dos seus colaboradores e aparecía sen máis onde ninguén quería ir. Encabezou unha marcha a pé cando a guerra e as matanzas de Saraxevo, enrolouse en barcos para acoller inmigrantes no Mediterráneo, apoiou loitas obreiras e pacifistas, foi presidente da Asociación Pax Christie. Contan que asembleas de extremistas de esquerdas e anticlericais ían escoitalo falar de Deus.O peto

  1. Tonino foi moi criticado polo clero e por outros bispos, e desde Roma chamábano á orde continuamente:-vostede non viste correctamente, monseñor…a súa dignidade…!!! Acusárono, coma sempre, de comunista. Hai semanas, o Papa Francisco viaxou a Molfetta e pediu que o deixasen rezar en soidade ante a tumba de D. Tonino. Penso que lle pediu axuda ante a manda que o asexa acotío. D. Tonino anda en proceso de ser santo, e canto precisamos de santos coma estes. Os que manexades internet, buscade Tonino Bello e atoparedes unha inmensa luz no medio das sombras.

Outra luz de santidade e precisa acéndese nos próximos meses: San Romero de América, bispo e mártir. Obrigados! Francisco!

Rubén Aramburu

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s