O peto común: Cambio climático


LOS EMBALSES DE LA DEMARCACIÓN GALICIA-COSTA ESTÁN AL 61 % DE SU CAPACIDAD

Non sei dicir cando escoitei falar por primeira vez de cambio climático, pero xa van uns cantos aniños desde que aqueles que fan estudos e outros que senten o latexo arrítmico da nai Terra veñen avisando da situación que se aveciñaba.

Se tomamos ou non tomamos no seu momento as medidas axeitadas para reverter a situación a tempo, pode dar para longas e profundas análises, revolveremos as orixes do planeta e as orixes do problema, pero de pouco servirá. Está aquí. Imos espertando dos soños e abrimos os ollos diante dos pesadelos. Atopamos que iso que sempre foi así e así o acordan os máis maiores do lugar, vai mudando. E nas mudanzas atopamos unha climatoloxía descoñecida, unha Galicia seca como nunca se acorda e unha longa listaxe de síntomas que se estenden polo corpo do planeta. Estamos ante un dos grandes retos da humanidade e facémolo contra o reloxo. Precisamos concienciarnos do problema; amar a Terra e sentila como parte de nós mesmos, aproveitar os recursos que nos ofrece sen danala. Precisamos transmitírllelo aos cativos e tanto os fogares como as escolas deben ser a primeira pedra que atope no camiño o cambio climático.

Responsables. O planeta pídenos máis ca nunca ser responsables daquilo que está nas nosas mans. Pídenolo a cada un de nós, a cada goberno e a unha industria contaminante que debe buscar alternativas. Estamos nun momento determinante, como así foi cando vimos cando o Prestige ou cando os incendios. Se antes fomos exemplo, non cabe dúbida que novamente o seremos.

Josecho de la Torre Culler

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s