O peto común


A montaña lucense

Recentemente os xornais daban contado abandono da montaña lucense. Estas novas, non moi abundantes, adoitan pasar desapercibidas para os que non vivimos preto e descoñecemos a realidade diaria dos seus xa escasos veciños. Leo e reflexiono… É difícil de comprender.

Os poucos habitantes e xa case heroes que alí “resisten” son os únicos que realmente coidan dunha das paraxes máis impresionantes que temos no país, e diso si que sabe todo aquel que deu unha voltiña por alí, ou non? Cal é a realidade actual?Imaxe O Peto

Despoboamento a ritmo de vertixe; só na última década, perdeuse o 25% do censo. Isto fai que teñamos aldeas xa totalmente abandonadas ou semiabandonadas.Quen vai coidar daquilo cando xa non quede ninguén? Esta é a pregunta que se fai.

Incendios. Isto é como o peixe que   cola: os activos económicos malamente dan para vivir, entón a xente nova vaise, déixanse de traballar as leiras e estas, baldías, acaban sendo pasto das lamas. Tan sinxelo como cruel.

As nevaradas son arma de dobre fío, pero as consecuencias son máis ben negativas. Mentres milleiros visitan a montaña en época de nevaradas e esta acada xa unha beleza brutal, o gando queda sen alimento. Imaxinade despois da vaga de incendios do verán, un inverno de moitas nevadas. Imaxinades o que pode supor para o gandeiro?

Por se fose pouco…, falta de médicos, que fai que os veciños teñan que viaxar a lugares afastados e por estradas intransitables…Falta de servizos, cos cortes eternos de teléfono ou rede… Tardanza á hora de atender urxencias… Peche de farmacias, bancos e outro tipo de servizos frecuentes… Peche de escolas…

Non sei se vós tendes a sensación que un sinte. Nin sei se a Administración ten pensado un plan futuro real de políticas para frear o abandono. Non sei se nun exercicio de empatía seremos capaces de imaxinar a vida a 1 hora escasa da cidade de Lugo, pero o certo é que por cada obstáculo que leo, máis me ven á cabeza o relato do Éxodo, salvando as distancias. Vaia, pois, este“Peto” en homenaxe á xente que vive na montaña.

Josecho de la Torre Culler

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s