O peto


“O cura das Encrobas”

O peto (1)

O Concello da Coruña colocou unha placa no edificio onde naceu e viviu Moncho Valcarce, coñecido popularmente como o cura das Encrobas, con motivo dos 25 anos do seu falecemento. Chama a atención que en tempos nos que moitas administracións municipais tenden a retirar da rúa nomes e símbolos cristiás, un concello de esquerdas faga homenaxe a un crego. Chama tamén a atención o silencio da directiva da Igrexa. Un cura do que tanto se ten escrito, documentado e homenaxeado (o instituto de ensino de As Pontes leva o seu nome) parece que non existe no recordo da comunidade eclesial á que pertencía. A maior parte dos cregos novos non teñen noticia da súa existencia.

Moncho Valcarce, coma outros relixiosos galegos, tirou polo camiño torto, o da incomodidade de se mesturar co pobo, e cun pobo asoballado. Foi valente e recibiu moitas malleiras no corazón e no corpo, especialmente aquela no cuartel de Betanzos. Fermosos son os seus diarios espirituais publicados hai anos. Amosan esa noite de profecía e mística que teñen que bater cunha realidade social inxusta.

Recordándoo con afecto, deixo aquí estas palabras que escribiu, como homenaxe dos Irimegos: “Defender os dereitos nacionais, consecuencia do seguimento, non supón absolutizar a idea de patria ou nación; todo o contrario, pois desde o concreto vívese aberto a outras necesidades e a outros pobos, e desde Galiza e para Galiza, compréndese que se traballa pola fraternidade universal conquistada por Cristo na resurrección”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s