O Peto


Irmá, eu si te creo. Nos crémoste

Ademais, ti non tes nada que demostrar. A xustiza é inxusta e a sociedade é morbosa. Google tivo que borrar os datos que nuns foros de internet localizaban a moza agredida sexualmente por cinco homes nos San Fermíns en 2016, con nomes e apelidos. Que interese ten saber o teu nome? O importante é reivindicar que exista unha xustiza real, que te defenda coma persoa, e coma muller, que te defenda coma vítima das agresións sufridas, libre de connotacións machistas e libre de enxuizar a túa roupa, o teu sorriso, as túas amizades. Non é non. Penso que é sinxelo, mais hai cabezas nas que un NON non é suficiente resposta. 

Saímos a berrar a rúa, para protestar contra unha sentenza que non cremos xusta, que non consideramos que nos protexa ou dignifique. E a quen hai que ensinar, aos que se cren no poder de agredirte, violarte, humillarte, gravarte, rirse, intimidarte, violentarte ou ás mozas que tranquilamente saen da súa casa? O peto

Ata que toda a sociedade se involucre e volque cara a unha igualdade real e plena, seguiremos soportando enxuizamentos das vítimas, en lugar de enxuizar aos agresores. Ata que non apostemos por unha coeducación en valores de respeto e mesma valía, seguiremos escoitando que a saia dunha rapaza é demasiado curta, o escote demasiado pronunciado… Porén, non escoitaremos que a barba que leva estilo hipster era demasiado atractiva ou a camiseta dese mozo demasiado axustada.

Teresa Souto Loira

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s