Editorial. O 25 de xullo e a “señardade esperanzada”

  Falaban os pensadores da teoloxía política centroeuropea de mediados do século pasado da “memoria subversiva” que exercían as comunidades cristiás nas súas celebracións arredor da Palabra e a mesa compartida. Memorial e promesa e, como resumía magnificamente aquel título de Ernesto Cardenal, “Nostalxia do Futuro”. Achegámonos ao 25 de xullo cunha inevitable sensación de... Continue Reading →

Advertisements

Editorial

Que ten o mar de Arousa, meu ben? Con esta pregunta/verso de Lueiro Rei, convocouse unha das Romaxes de Irimia, a que facía o número 34, no monte Xiabre, co mar de Arousa abríndose ante os nosos ollos. É unha pregunta contemplativa, que non procura resposta, que expresa abraio pola bonitura da ría, pero que... Continue Reading →

Editorial

XOSÉ CHAO REGO, galeguismo, esperanza e liberdade... a pesar de todo Esta foi a carta de presentación da homenaxe a Pepe Chao, inspirador e impulsor de Irimia, que recentemente se celebrou na Biblioteca Pública Anxo Casal, de Santiago de Compostela.  Foron as asociacións de veciños de Compostela, singularmente a Plataforma de Galeras, as que, co... Continue Reading →

Editorial

A manda dos machos e os xuíces axuizados A recente sentencia contra a infame “manada” provocou unha xusta e indignada reacción. Como é posible que a xustiza española sexa tan comprensiva cos perpetradores de semellante animalidade -con permiso dos animais-, tanto que non só encheu as rúas de protesta, senón que mesmo mereceu un reproche... Continue Reading →

Editorial: Facer posible e habitual o que é lóxico e necesario

Unha solución virtuosa é aquela que rompe un círculo vicioso, aquela que converte dous ou tres problemas nun remedio compartido. Resulta que durante séculos, aquí en Galicia, os nosos alimentos foron os producidos pola nosa pequena agricultura, fundamentalmente por labregas que os achegaban ao resto do mundo nos mercados e feiras. Todo baseado nunha cultura... Continue Reading →

Editorial

Anemia practicante Despois da Semana Santa, recibimos de cregos amigos e activos en Irimia a constatación dunha realidade: a caída na práctica relixiosa tradicional. Celebracións que antes convocaban unha boa cantidade de persoas son agora o mellor termómetro desa caída. E a mocidade está noutras cousas. Que sexa a crónica dunha agonía anunciada non resta... Continue Reading →

Editorial: Asociación de ideas

Funcionamos con ideas preconcibidas, con estereotipos. Isto é especialmente relevante na cousa política e, en definitiva, nos comportamentos electorais.  Se a esquerda, sexa a nova ou a vella, a confluente ou a auténtica, a de aquí ou de acolá, quere gobernar, debe convencer o electorado de que determinadas “etiquetas” que lle apón o PP, os... Continue Reading →

Editorial

Retos igualitarios para Semana Santa A folga feminista do 8 de marzo debería ser, pola súa contundente evidencia, un sinal dos tempos para toda a sociedade. Unha chamada a unha igualdade en acción. Tamén para a Igrexa.  Resulta anacrónico que se reproduciran de novo voces episcopais poñendo baixo sospeita a mobilización e tratando de distinguir... Continue Reading →

Editorial

Á vista da sobre-reacción da xerarquía católica compostelá días atrás, a conta do sonado pregón do Entroido na praza do Obradoiro –nunha intervención pública, polo demais, ben acompasada coa oposición municipal do PP e o xornal compostelán que este partido subvenciona–, diríase que á Igrexa xerárquica galega, iso que os medios entenden por “la Iglesia... Continue Reading →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: