O peto do común. Son d´aldea!


Que cousa xeitosa o Son d`aldea! Foi na primeira semana de setembro en Albá, parroquia de Palas de Rei, e achegáronse 600 persoas de moi diversos lugares, rurais e urbanos. Son d´aldea é un acontecemento inédito no deseño e na execución… Participan veciñas e veciños, actrices e actores máis coñecidos ou menos coñecidos, nenos e avós, autobuses doutra época ou músicos; son até un cento deles e fano estupendamente. Cunha idea manifesta de defensa do rural, os fogueteiros desta festa deseñaron un atractivo programa que comezou o venres cunha xornada de reflexión sobre o rural: mesa redonda, monólogo de Soledad Felloza, cea de produtos da aldea e música para pechar o día. Xa o sábado foi o percorrido teatral e prato forte que se estende por corredoiras que percorren aldeas esquecidas, carballeiras e até un tramo de paseo nun vello autobús de Cuíña para rememorar. Nestes escenarios vólvese á realidade dos anos cincuenta a través de 8 obras de teatro e outras 8 transicións que outorgan unha visión de diversos oficios do rural galego, da emigración, dos namoramentos, da radio, da relación coas autoridades ou a relixiosidade da xente, por citar algúns. Este percorrido dunhas 4 horas percorre uns 7 km totais, o que dá conta da súa grandeza e do contaxio rural que amosa aos asistentes o Son d`aldea! Rematada a mañá, ten lugar un xantar de aldea compartido con produtos elaborados por xente do rural. Foi baixo unha carballeira e cun ambiente moi familiar; con música e recoñecementos a persoas e colectivos. Alí estaban Luís de Arqueixal ou os irmáns Fernando e Alfonso G. Penas, entre outros, que son os que durante o ano argallan cada nova edición. DSC_0244Hai que dicir que tamén había Irimegos e Charo fixo un emotivo convite aos presentes para que participasen na Romaxe do seguinte sábado, en Sobrado. Finalizou o día, como non, con música e tamén cun espectáculo de humor a cargo da xente de Chévere. Unha romaría tradicional no campo da festa de Albá, onde non faltaron os postos con produtos do rural e atractivos para os máis pequechos. Quen vai a Son d´aldeaben certo é que repite.

Josecho de la Torre

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s