Domingo 5 de maio de 2019. III de Pascua


A EXPERIENCIA PASCUAL

Meditación-contemplación

Xesús manifestouse deste xeito.
Non hai nada espectacular nesa presenza.
Só o discípulo máis próximo a Xesús o recoñece.
Esta é a clave de todo o relato.
…………………

Se vivo a presenza de Xesús dentro de min,
descubrireino nos acontecementos máis sinxelos da vida.
Se non o descubrín en min,
buscareino en persoas ou feitos espectaculares.
……………………..

Se poño amor nas cousas que fago,
estarei facendo presente ao Deus manifestado en Xesús.
A clave non está na realidade, senón na miña actitude ante esa realidade.
Descubrir esa presenza é a tarefa de todo cristián.

O noso problema segue sendo a experiencia pascual. Trátase dunha experiencia interior que, ou se ten e entón non hai nada que explicar, ou non se ten e entón non hai xeito de explicala.

Esta simple constatación é a clave para afrontar os textos evanxélicos que queren transmitir dita experiencia. Non hai nin palabras nin conceptos para poder meter a realidade vivida, por iso os primeiros cristiáns acudiron aos relatos simbólicos.

É unha experiencia interior que, ou se ten e entón non hai nada que explicar, ou non se ten e entón non hai xeito de explicala.

O obxecto deses textos non é explicar nin convencer, senón invitar á mesma experiencia que fixo posible a absoluta seguridade de que Xesús estaba vivo.

Descubriremos a forza irresistible desa Vida e poderemos intuír a profundidade do cambio operado nos discípulos.

No relato do evanxeo que hoxe lemos todo é moito máis do que parece. Non pretenden dicirnos que pasou nun lugar e momento determinado, senón transmitirnos unha experiencia dunha comunidade que está desexando que outros cristiáns vivan a mesma realidade que eles estaban vivindo.

Fray marcos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s