O fachineiro da política


É a desigualdade, estúpido

Hai uns días nun programa de humor publicaban este titular: “Milleiros de pobres de dereitas néganse a cobrar o novo salario mínimo e esixirán seguir con 735 euros ao mes”. Aínda sendo retranqueiro, define ben o comportamento electoral dun sector da sociedade. Ese comportamento, ás veces tórnase inexplicable. Como é posible que calquera persoa sensata, pero sobre todo unha soa muller puidese votar por Trump? Como é posible que negros coma o exfutbolista Rivaldo apoie un racista convicto e confeso coma Bolsonaro? bomba-brasilNas eleccións dos EUA en 1992, ás que optaba Clinton púxose de moda o lema “É a economía, estúpido”, querendo subliñar aquilo que podía decidir unhas eleccións. En países coma Brasil, cunhas diferenzas abismais entre etnias e clases sociais, ese comportamento deberiámolo buscar na desigualdade. O goberno presidido polo que dixo que o erro da ditadura foi torturar e non matar, promete man dura coa violencia, sen querer saber que esa violencia xorde da desigualdade. Unha desigualdade que cultiva a ignorancia e o fanatismo. E os recortes en educación empezaron axiña depois de Dilma. Non fai falta ser profeta para dicir que a cousa vai ir a peor.

A.Q.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s