VI ENCONTRO DE REDES CRISTIÁS. “ACCIÓN LIBERADORA HOXE”
Do 30 de novembro ao 2 de decembro vai ter lugar en Xixón o VI Encontro de Redes Cristiás baixo o lema “Acción Liberadora Hoxe”, enmarcado no 40º aniversario da morte de Gaspar García Laviana.
O obxectivo é analizar, en clave de acción liberadora, os desafíos que hoxe ten por diante a nosa sociedade. Para iso haberá un relatorio marco sobre o tema central que nos convoca, levada a cabo por Teresa Forcades.
Ofrécense tamén oito obradoiros, un deles organizado pola Coordinadora de Crentes Galeg@s, nos cales se poderá reflexionar, debater e sacar conclusións a nivel individual, comunitario e social sobre diferentes realidades. Son os seguintes:
- Os profetas: Gaspar García Laviana, un profeta do século XX
- Totalitarismos de estado e acción cidadá
- A igualdade que soñamos
- Violencias machistas
- Medios de desinformación masiva?
- Laicismo/Espiritualidade laica
- Coidado da Terra
- Globalización e fronteiras
Na páxina web www.redescristianas.net está toda a información sobre a inscrición e a axenda completa do encontro.