Editorial


Os novos parados encubertos

O paro baixa pero a cousa non é como parece, cando menos en Galicia.

Xa non falamos da calidade do emprego, que habería. Ese asunto tremendo dos contratos de días ou de horas. As medias ou cuartos de xornada -iso si, no contrato que se asina, non na realidade.

Cómpre traermos de volta un concepto que xa temos case esquecido: o “paro encuberto”. Era a etapa de desemprego alto e persistente que seguiu á crise do petróleo dos anos setenta. Na Enquisa de Poboación Activa Galicia daba moito menos paro que outras nacionalidades ou rexións de España. Os analistas trataban de explicalo. En realidade, dicíase, en Galicia hai paro, pero está “encuberto”.

Os contundentes informes dos equipos de estudos da banca, falaban da cantidade de xente que sobraba no sector agrario. Nas explotacións familiares a rendibilidade seica era moi baixa: moitos cotizantes en cada familia para unha produción escasa. Xa que logo, mantiñan, hai que enfraquecer, limpar de “paro encuberto” o campo galego.

Xa ninguén fala de paro encuberto. E poucos de traballo digno na nosa terra. Nas estatísticas, Galicia dá, outra volta, menos paro. A diferenza  con respecto ao que pasaba antes é que a xente non está subempregada ou, como se pretendía, falsamente empregada nas explotacións agrarias familiares, na pequena agricultura. Non, a xente, simplemente non está. A pequena agricultura en caída libre. E o noso agro cunha necesidade urxente de man de obra formada para extraer todo o potencial dunha superficie agraria que se degrada pola falta de uso.

O novo paro encuberto de Galicia chámase nova vaga emigratoria e está neses 60.000 ocupados menos que hai en Galicia en comparanza cos que había antes do inicio da crise económica, aló polo terceiro trimestre de 2009. Daquela o emprego situábase nos 1.156.200 ocupados fronte aos 1.096.500 de agora. Marcharon.  Están fóra.

 

Algo fixemos mal e habería que empezar a corrixilo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s