Falando da lingua


Achaques

Os anos non perdoan, disque. E debe ser certo, porque nós ao ir cumprindo tamén empezamos a ter algúns “achaques”  deses que -segundo o persoal médico- seica melloran, ou non empeoran, se regularmente nos aplicásemos. E alá fomos nós, guiadiñas, anotarnos á piscina municipal, que ademais ten ximnasio.Falando da lingua

Como no concello hai Servizo de Normalización, e ademais funciona, esíxenlle á empresa que xestiona este complexo municipal que empregue o galego. Xa nos demos conta nada máis entrar que o emprego se reducía a uns rótulos polas paredes, porque a lingua da recepción, do monitorado e demais persoal (exceptuando o da limpeza…) non empregaba o mesmo código ca nós. Mais isto terá que ocupar outro espazo, hoxe queremos compartir convosco a nosa reflexión sobre a paisaxe lingüística destes centros.

Imaxina alguén que nunhas instalacións públicas poida estar nun rótulo fixo algo escrito en castelán do tipo: “vestuario feminino”? Que pasaría? Tería que pasar o mesmo ca se o rótulo é en galego e reza “vestiario femenino”, non vos parece? Pois nós case apostamos que o primeiro rótulo non pasa do día que se coloca; pola contra, o segundo leva… anos!

Seguimos… Na sala de máquinas (que xa parece que imos emprender unha travesía en barco, pero non…) hai un vinilo na parede, ben grande, que quere animar o persoal a seguir traballando. Como o deberon de facer co tradutor automático, colocaron un “Segue aí”, cando debería ser “Sigue aí”. O verbo seguir ten alternancia na vogal cando o empregamos en presente: Eu sigo, ti segues, el/ela segue, nós seguimos, vós seguides, eles/as seguen… Pero o imperativo fórmase, igual ca o subxuntivo, a partir da primeira persoa do presente: Sigue ti! Igual que dicimos “Oxalá eu siga, ti sigas, nós sigamos… indo a este lugar”.

Os usos rituais da lingua, sen ningún interese pola calidade, levan a estas cousas. Pensarán algunhas persoas: Claro! Iso pasa por lles obrigaren a usar o galego… Para nós sería peor que se fixese en castelán, pero claramente esta é unha evidencia da pouca consideración da lingua de Rosalía na súa terra. E estes achaques tamén se lle notan á lingua…

Lidia e Valentina

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s