O fachineiro do cine


Un día máis con vida

Quen queira gozar dunha historia poderosa non pode deixar de ver Un día máis con vida, a película que se basea no libro do reporteiro de guerra polaco Kapuscinsky, un dos mellores xornalistas que houbo. foto fachineiro.pngA historia sitúase na confução de 1975, momento no que Portugal abandona o seu imperio colonial trala Revolução dos Cravos deixando atrás un país partido. Angola proclama a súa independencia pero ata alí traslándanse as pezas do xadrez da guerra fría cos Estados Unidos apoiando os masacres do FNLA e a suráfrica racista invadindo o sur do país. Kapuscinsky non dubidou en percorrer os puntos máis perigosos, arriscando a propia vida para enviar as crónicas dende a primeira liña e mesmo se pode ver como se enfronta ao dilema de publicar unha exclusiva ou deixar que o país se enfronte a un caos previsible. A película mestura animación, imaxes de arquivo e fragmentos a xeito de documental cando recolle as impresións dalgúns dos protagonistas superviventes na actualidade. É o caso do xeneral Farrusco ou do xornalista Artur, compañeiro de Kapuscinsky naqueles días. Hai que vela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s