Economía


Imposto das hipotecas: Supremo ou non suprimo?

Durante máis de vinte anos pareceunos normal pagar o imposto de actos xurídicos e documentados cando formalizabamos unha hipoteca. Ata que un día o Tribunal Supremo nos avisou de que se estaba aplicando mal, que o obrigado tributario debía ser o banco. Unha das vantaxes de que un asunto que a ninguén lle importaba ata ese momento pase a ser de relevancia nacional é que nos poñemos a pensar nel, e de paso a comprobar como se regula noutros países.Economía

Nos últimos catro anos ese imposto supuxo unha recadación en España de 2.300 millóns de euros. Parece pouco crible que o simple cambio de lexislación provoque un aforro nas hipotecas, fundamentalmente porque as hipotecas son contratos de adhesión. Se queres que che presten diñeiro para mercar unha vivenda, vas ter que aceptar as condicións económicas que che pon o banco. E esas condicións son cambiantes e adaptables. Os bancos, agora, introducirán un novo custo, o imposto, que facilmente trasladarán ao consumidor. Coa agravante de que, ao non poder recuperalo de golpe, incrementarán o custo da hipoteca nun valor maior ao imposto que trasladan. Ao final, financiarannos o imposto con xuros.

Pero, quen paga ao final un imposto? O destinatario final dun imposto depende de moitas cousas. Sobre todo, de se algún dos afectados ten unha posición de maior poder que lle permita trasladar ese imposto ao outro. Lembremos cando as entradas de cine pasaron a ter un IVE do 21%. Na práctica, as entradas ou non subiron, ou subiron moito menos que o 21 %. As salas sabían que se trasladaban todo ese incremento, perderían moito máis diñeiro polo descenso de usuarios que sufrirían. E asumiron eles o pago da diferenza. No caso do imposto das hipotecas, o pago, coma un balón, pasaba do comprador á facenda pública. Agora está no tellado do banco. Pero o banco asegura o rebote.

E un último detalle. Do que si quedou constancia durante estas semanas é de que a banca ten un grave problema: é enormemente impopular. E iso, antes ou despois, acábase pagando.

Pedro Pedrouzo Devesa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s