Homenaxe a Alfonso Blanco
O día 8 de xullo, ás 12.00 h da mañá, na parroquia de Santa Mariña de Guitiriz, organízase unha homenaxe conxunta a Alfonso Blanco Torrado e aos “Da Lexía” -represaliados republicanos dos que o propio Alfonso recuperou a historia e a memoria. A obra de Valdi farase coas achegas de asociacións culturais da zona e de fóra dela (Irimia, Encrucillada, Asociación de Gaiteiros, Abril de Lume e Ferro, IESCHA, Cultura Aberta, Galería de Estudos do Baixo Ulla…), mesmo entidades e concellos (Castro de Rei, Guitiriz, Ponteceso, Rábade, Outeiro de Rei, Begonte…).