A peneira


Comezou unha COSTEIRA DO BONITO moi minguada. De Burela só saíron seis barcos cara aos Açores, cando en tempos eran medio cento. A pesca galega do bonito é artesanal: ao corricán, peza a peza con anzol. O problema está nas artes que usan franceses e irlandeses, sobre todo, como o arrastre. Só en agosto de 2017 a lonxa de Burela subastou case 900 toneladas de bonito.Noticia 1

 

Do 1 ao 8 de xullo celébrase o San Simón FIDDLE, referencia mundial no violín folk, un campamento infantil na Illa de San Simón, no que se xuntarán 100 rapazas e rapaces de diferentes países. Esta sétima edición dedícase ás músicas árabes e contará co prestixioso violinista Akram Abdulfattah e a cantante Samah Mustafá, ambos palestinos.Noitcia 2

 

O nivel dos océanos segue aumentado a un ritmo 3 mm. ao ano, debido á queima de combustibles fósiles. Tan só nos EUA, mentres o presidente Trump se burla do CAMBIO CLIMÁTICO, calcúlase que pode afectar a máis de 300000 vivendas nos próximos 30 anos. No caso de Galicia a costa poderíase recortar en 60 metros de aquí ao 2100.Noticia 3

 

NACHO CARRETERO, autor de Fariña, gaña o premio Agustín Merello da Comunicación “contra a censura”. O xurado destaca especialmente o seu traballo xornalístico feito desde o rigor e o seu exercicio do xornalismo independente e libre. Mágoa que os xornais galegos non aposten por un profesional coma este.Noticia 4

 

Científicas do CSIC están a estudar as primeiras pegadas do ANTROPOCENO nas rías de Betanzos, Ares e Cedeira. Estanse a desenvolver os estudos relativos co cambio climático, e búscase entre os sedimentos destas rías os sinais que indiquen o inicio da acción do ser humano sobre a aceleración da mudanza global do clima.Noticia 5

 

En xullo arrincará o proxecto LIFE REFOREST, liderado por Galicia e Portugal e financiado pola Comisión Europea. Durará 36 meses e contará cun orzamento de máis de millón e medio de euros co obxectivo de desenvolver unha nova estratexia para mitigar a perda de solo asociada a episodios posteriores aos lumes forestais.Noticia 6

 

Coa chegada do verán aumenta a venda de xeados, un sector no que se está abrindo un oco a cooperativa da CAP Coruña coa súa marca BICO DE XEADO. A empresa abriu a súa primeira tenda no ano 2015 e xa está presente na meirande parte das cidades e vilas galegas. O ano pasado comercializaron 200000 litros de xeado e este ano agarda incrementar as súas vendas un 40% para chegar aos 280000.Noticia 7

Co verán Galicia énchese de CITAS CULTURAIS. A música, o deporte ou a literatura… convócannos na V Foliada Nordesía (20 e 21 de xullo en San Cibrao), no festival da Chaira (21 de xullo na Pastoriza), no II Certame Internacional de Pintura Mural Amarte (1-5 de agosto en Burela), nas Revenidas de Vilaxoán (17, 18 e 19 de agosto), na II Carreira nocturna de Rinlo (18 de agosto en Ribadeo), no 32º Festival de poesía do Condado (1 de setembro),… E así ata o infinito e máis alá!Noticia 8

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s