O fachineiro dos libros


Contra todo isto

Hai pouco que Manolo Rivas presentou o seu último libro, titulado Contra todo isto e editado por Xerais. En Santiago, o acto quixo coincidir co primeiro partido da selección española no mundial, o que xa fixo unha criba interesante na audiencia. E Rivas agasallou os e as asistentes cun relato sobre mulleres e fútbol. El, dixo, agarda polo mundial do 2019, o mundial feminino que se celebrará en Francia. Non é de estrañar que a crítica do machismo sexa unha das liñas mestras desta obra que nace da vergoña, de vivir nun estado de vergoña. Todo isto é a desigualdade, a precariedade, os muros e as fendas, a destrución do planeta, a corrupción, o belicismo,  a ausencia de memoria histórica. Son conceptos que veñen collidos da man, porque son causas e consecuencias do mesmo bucle. A vergoña da que nace o seu libro non é paralizante, senón que convida a actuar, a cambiar e a resistir aos amos do mundo, que el imaxina nunha das súas reunións coma os gánsteres das películas de Scorsese. Foto_fachineiroDi que é o seu libro máis literario, porque a literatura debe poñer a liberdade nas palabras. Imprescindible para irimegas e irimegos.

A.Q.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s