Política


A transparencia, condición imprescindible de democracia

Temos acceso a moita menos información da que pensamos. E sen información somos vulnerables. Estamos nun momento histórico no que temos que comezar a esixir datos, datos que existen e que nos indican como nos trata cada goberno.

Necesitamos saber canta poboación cómpre para que se decida pechar unha escola ou un centro de saúde, cantos nenos ten que haber para que incorporen  un novo pediatra ou para que dispoñamos dun traballador social máis, cantos habitantes ten que haber para que se cree unha nova parada na liña de autobús ou se suprima unha estación de tren.

Deberiamos pedir que todos os datos relevantes para tomar determinadas decisións fosen públicos e accesibles. Debería mellorar a transparencia das decisións públicas e aumentar aquelas que se poidan aplicar automaticamente sen termos que depender do político que toque. Debemos despolitizar a Administración pública nos ámbitos nos que as decisións deben ser tomadas por igual para todos os cidadáns, sen importar onde viven ou a quen votan. Unha vez os nosos representantes decidan que nivel de prestacións públicas podemos asumir e en que condicións, debe ser a Administración quen execute o máis directamente posible esas instrucións e sempre de forma visible e accesible.

As leis da transparencia seguen a medio executar e os cidadáns seguimos sen poder avaliar se as decisións públicas que se toman responden a criterios obxectivos ou comenenciudos.opp-iapcs

Deben seguir estendéndose os sistemas mediante os cales podemos advertir ou avisar de forma inmediata de deficiencias nos bens ou servizos públicos. O uso dos móbiles permite coñecer hoxe os percorridos diarios dos habitantes dunha cidade. Con toda esa información, as rutas de transporte público poderían ser, evidentemente, moito máis realistas, cómodas e útiles.

Hai toda unha tecnoloxía que existe arestora, e que permitiría mellorar enormemente as prestacións nos servizos públicos ao trasladar ás administracións a información relevante dun cidadán de forma anónima, pero efectiva.

A cambio, hai toda unha serie de información pública que debe estar accesible aos cidadáns, para que saibamos por que hai lugares que, en condicións análogas, teñen diferentes prestacións públicas.

A transparencia atemoriza, pola virulencia coa que as redes sociais atizan de forma anónima a todo o que se move, pero ao mesmo tempo é a base para comprender o difíciles que son as decisións públicas. Ao político e ao xestor avísaos de que non todo o monte é ourego. Aos cidadáns avísanos de que o traballo público é moito máis cuantioso e difícil de executar do que se cre desde fóra.

Pedro Pedrouzo Devesa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s