Política


Pode ser peor

Parece que non lles chega nin á Fiscalía, máis do Goberno ca do Estado, nin a algúns xuíces instrutores con imputar ou acusar dirixentes secesionistas cataláns por desobediencia, prevaricación ou malversación, aínda que estes delitos supoñan longas penas de prisión, moitos anos de inhabilitación e, seguramente, fortes sancións económicas. Non lles chega, e por iso tentan construír un relato acusatorio contra os dirixentes secesionistas, aducindo o emprego programado e efectivo de violencia para poder imputalos por sedición, ou, se a violencia é maior, por rebelión. Este relato acusatorio lógrase forzando a interpretación das leis e retorcendo a percepción xurídica dos feitos. Esta é a razón pola que a xustiza alemá e, probablemente, a dos restantes países europeos, que teñen que decidir entregas ou extradicións, estanlle dando un duro correctivo á xustiza española por forzar, violentar ou retorcer o estado de dereito e os principios democráticos esenciais, que deben inspirar a acción da xustiza na UE. A impresión que dan os fiscais e xuíces, implicados na forzada cualificación dos delictos atribuíbles aos separatistas cataláns, é que, máis que buscar o restablecemento da xustiza e a sanción xusta e racional dos delictos, estes funcionaPolíticarios buscan unha sorte de vinganza do Estado español, a condena máis rotunda e a sanción exemplar e exemplarizante, que disuada de futuras pretensións independentistas, que estimule e mobilice o vello nacionalismo españolista e que poida frear a evolución dos autogobernos periféricos para reconducilos a un renovado centralismo, a gran cobiza das dereitas españolas.

Malo é forzar as costuras da democracia, deturpar as prácticas dun estado de dereito, confundir vinganza con xustiza ou buscar cualificacións xurídicas interesadas de feitos, tamén deformados, para fins alleos á estrita aplicación das leis, da xustiza e da garantía dos dereitos das persoas. Malo é, pero é aínda peor, e máis perigoso, simular que houbo violencia onde non a houbo, atribuírlla a quen nunca a practicou nin promoveu e esgrimila en falso para lograr maior condena e aplicar maior castigo.

Estes, digamos, excesos de fiscais e instrutores, ¿serven para disuadir do uso da violencia política ou, de facto, facilitan exercela ou xustificala, dado que a represión e o castigo serían os mesmos, haxa ou non, efectivamente, violencia?

Sempre a violencia xera violencia, pero peor será se a violencia inxusta é a do Estado.

Carlos Vázquez G

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s