Fachineiro


O fachineiro do nacionalcatolicismo

 A procesión foi por fóra

Alá foi a Semana Santa, aínda que algunhas das escenas que se ofreceron ben podían ser do festival de cine fantástico e de terror de Sitges. Entre elas, ese amoado casposo de militares desfilando canda os pasos. Pero desta feita, descubrimos un novo xénero: o dos ministros cantando iso del novio de la muerte da lexión, seguramente con vistas a participaren nun Got Talent dos que tanto se levan agora. E se non pasan a selección sempre poden optar ao de monologuista cómico, que tamén é moi apreciado. Claro que aí a competencia é dura: Cifuentes e Cospedal hai tempo que o veñen traballando. Que a ministra de defensa mande poñer a bandeira a media hasta pola morte de Cristo quizais haxa que entendelo neste contexto. E se non é así, xa vos adianto que Mahoma morreu o 8 de xuño, así que se ese día volve haber bandeira a medias veremos que só se trataba dun acto de pluralidade relixiosa. Non todo o mundo foi sempre tan fundamentalista. Por quereren separar os actos relixiosos dos militares e máis participación do pobo xa se armou unha boa lea na procesión do Corpus do ano 68. Iso custoulle o posto a un tal Pepe Chao, entre outros. Aí está Xaquín de Roca que non me deixará mentir. E quen queira máis detalles, o libro Los curas contra Franco, de Rosa Cal.

A.Q.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: