O fachineiro das unanimidades: Non hai beirarrúas


O que máis me prestaba traer a este fachineiro, agora que xa estamos no outono, eran as treitas de trigo acabado de sementar, falar dos bos cogomelos que se poden apañar nas rexas carballeiras ou comentarios costumistas sobre as casetas do San Froilán, que remata esta semana; tamén dos plumíferos lixeiros que vende Zara, querendo facerlle competencia a Uniqlo. Ao mellor pensando neses entrañables temas, deixaba de ferverme o sangue vendo a curiosa unanimidade que se produce nos medios de comunicación españois ao tratar o referendo catalán.

Antes cando un xornalista madrileño se cabreaba coa súa empresa sabía que podía cambiar de beirarrúa, porque había a onde ir do outro lado. Agora non hai beirarrúas. Na prensa estatal tanto ten Xan coma Perillán. E na periférica, que imos contar que non saiban os meus dous lector e lectora. Incluso os medios que antes pasaban por progresistas abrazaron con agrado os adxectivos máis tendenciosos, algúns deles nin sequera aplicados a Kim Jong Un, o malo de moda. Dos cavernarios mellor non falamos. Menos mal que queda Irimia no lado da prensa libre.

A.Q.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s