O peto común: 23 de Abril, día do Libro


5239186351_e3fa49afba_z

23 de abril, Día de San Xurxo, e Día do Libro. Que festa celebralo lendo tranquilamente!

E compartindo o amor pola lectura. O fermoso que é deitarse ao carón dos máis pequenos da casa, e observar que precisan ese tempo de silencio, de paz, para ler antes de durmir, coma unha medicina para a alma, que che fai viaxar, ter curiosidade, coñecer outras épocas, outras culturas, paisaxes, personalidades, recunchos internos e externos doutros mundos.

Oxalá, todas as persoas estivésemos en igualdade de condicións, para poder amar os libros, e o verbo ler. E claro que é verdade que moitas persoas, tendo todas as facilidades, non teñen o hábito da lectura, ou non atoparon o xénero literario que as farían vibrar, ou están demasiado interesadas noutras cousas; pero tamén existe unha realidade que é o que mamamos, as aprendizaxes que adquirimos, as facilidades da vida normalizada, cun fogar, unha lámpada, un libro diferente, unha mesa de estudo, unha butaca, unha familia na que medrar, unha biblioteca preto, unha estabilidade vital e social. Se non contásemos con esas cousas, non dende agora, se non, dende sempre, quizais sería máis difícil ter ese hábito marabilloso que é a lectura… Esta semana nun mural xigante que se pintou nun centro, atopei unha frase, que me gustou especialmente, é a seguinte: “Ao final, todo rematará ben, se non rematou ben, é que aínda non chegou á súa fin”. Pregunteille a unha persoa, se a frase a escribira ela, e contestou que si, que se me gustaba podía utilizala, e por iso vola traslado, xa que está cargada de positividade, de inquietudes e de esperanzas, e fai falla recargarse de esas tres cousas no día a día.

Teresa Souto

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s