O fachineiro da caspa: Retorno ao pasado


 

Xa pasou, pero deixa resaibo. O nacionalcatolicismo vive días felices e gozou con esa celebración gore de encapuchados. Se non houbese Lei mordaza que o demo me leve se non dicía que me lembran o KKK! Cando non dan medo, eses gritos de procesión “por los caídos por España” que se oíron en Málaga ou o paseo do Cristo de la Buena Muerte a ombreiros dos caballeros legionarios mentres a bandeira nacionalcatólica ondea a media hasta pola morte de Cristo, causan perplexidade. Xa visualizo a Cospedal asinando a orde con peineta e mantilla (e outras prendas, supoño). O absurdo pono a Asociación de viúvas de Lugo que se querelou contra o alcalde da Coruña por un cartel de entroido, disque ofensivo contra os sentimentos relixiosos.

Pero non vos riades porque o conto é triste, como dicía Castelao. O esperpento lembroume que en 1880, Curros Enríquez tamén sufriu a Lei Mordaza daquela época ao publicar o seu libro Aires da miña terra, sobre todo polos poemas “Mirando ao chao” e “A igrexa fría”. A acusación de blasfemia baseábase no verso “Se eu fixen tal mundo, que o demo me leve” posta en boca dun Deus escandalizado polas inxustizas humanas. Abofé que paga a pena ler o libro, pero tamén a sentenza e os argumentos do bispo. Están ao alcance de calquera na biblioteca virtual galega. Que o demo me leve se non estamos en 1880.

A.Q.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s