O trasno: Católica corrupción?


Resulta difícil escapar do debate sobre a corrupción e a herdanza católica. Desde logo é difícil non vencellar toda esa tropa do PP de Valencia nos xulgados con aquel Camps presidente, facendo o camiño de Santiago de maneira fachendosa, cunha cohorte de xornalistas e fotógrafos e todo o gabinete en primeira fila, televisando a súa sagrada comuñón, que hai que tirar proveito de todo e xa sabemos quen nos vota. E quen di aquel Camps, di aquela Espe, ou aqueloutro Cotino, seica do Opus cerrado e disque fontaneiro de toda a operación, esa que agora está en mans do xuíz instrutor, de desfalco de cartos públicos, aproveitando, vaia, vaia, da visita do Papa Ratzinger. 

Hai unha serie de intelectuais que din que esa afinidade entre os países de cultura católica e a corrupción vén do asunto do perdón, da existencia da posibilidade de confesión, iso que non teñen os protestantes. Algo así como que a cousa ten remedio fácil, pois uns minutos de confesión poñen o contador a cero e dan para seguir roubando unha década máis. Un choio.

Teño para min que este persoal nunca confesou tales pecados. Máis ben estou convencido de que para eles non hai mala conduta. Teñen montado un discurso vello e sólido. Coma nas películas de mafiosos cando falan da familia. O seu catolicismo ostentoso, iso si, serve de armadura e escudo… E de lavadora. A práctica pública e fachendosa dunha relixión tende a ser pouco auténtica e procura un fin: lavar a imaxe, compensar outras cousas inconfesables.

A cousa non ten que ver co perdón, que é cousa boa, e menos co perdón de algo que “non é pecado”. Non é, logo, o que se confesa ou o que se deixa de confesar, que hoxe, iso da confesión é práctica ultraminoritaria, tamén entre os ultrapeperos. A cuestión é a penosa falta de conciencia –latina?, católica? burguesa? -sobre o valor superior do público, do común. Aí si que vexo unha responsabilidade católica. Foi demasiado tempo de predicación dunha moral individulista, sexual, familiar. U-la moral do público, do cívico, do comunitario?

A cousa, logo, ten que ver máis con esa “salvación en ascensor monopraza” que se inoculou na conciencia das nosas sociedades e que, abofé, é precisamente o que mellor lle convén a un capitalismo “desmoralizante” para aseñorearnos. Temos un bonito desafío.

Daniel López Muñoz

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s