Rumores de esperanza


Rematou o tempo de vacacións (para os que tivemos sorte de telas) e comeza a rutina. Hai un feito que sempre supón a volta á normalidade. Trátase da romaxe. Véndoo ben é un xeito moi positivo de comezar o curso atopándonos todos e todas para facer festa.

Motivos para festa non faltan no día a día se os sabemos mirar. Por exemplo, a miña filla de catro anos xa sabe que quere ser de maior. Vai ser bombeira. Pois paréceme estupendo. De todas maneiras o mellor de que sexa bombeira é que ninguén lle dixo que iso non podía ser ou que esa era unha profesión de homes. A día de hoxe ninguén a corrixiu. É estupendo pensar que a miña filla non terá limitacións profesionais baseadas no que un ten entre as pernas. Pequeno detalle “anormal”: O corrector ortográfico do ordenador non recoñece a palabra “bombeira” mais si “bombeiro”.

Pero sen dúbida a miña filla débelle esta liberdade a todas as mulleres que decidiron loitar para facer normal algo que non era tan normal. Como as primeiras mulleres universitarias do século XIX ou as mulleres que no século XXI loitan por poder conducir en Arabia Saudí. Tamén por todas as mulleres que loitan por ter o mesmo recoñecemento deportivo tal como vimos nos Xogos Olímpicos.

Oxalá a miña sexa bombeira ou que non o sexa. Que sexa médica, policía, condutora… Que sexa o que realmente queira ser igual ca o meu fillo. E serao grazas ás centos de mulleres que o fixeron posible. De toda a nosa sociedade depende que sexa agradecida con elas.  

Xan Guillén

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s