In memoriam: Agustín Fernández Paz


Recuperamos neste artigo o editorial de Irimia do número 821, como recoñecemento ao compromiso e a coherencia de Agustín Fernández Paz. O texto ten seis anos, pero podía ter trinta ou corenta, porque os valores que acompañaron o percorrido vital de Agustín non mudaron. Foi  unha persoa que sempre tomou en serio a nosa lingua, o noso patrimonio e o noso territorio, que sempre documentaba cada unha das súas obras, conferencias ou charlas informais. El, que fixo aparecer nos seus relatos o trasmundo mítico galego, xa chegou ao centro do labirinto. Agora tamén é un romeiro do alén.

Adaptación da ilustración de homenaxe a Agustín realizada pola Biblioteca Rialeda (Perillo)

Adaptación da ilustración de homenaxe a Agustín realizada pola Biblioteca Rialeda (Perillo)

ORGULLOSOS DO NOSO, ORGULLOSOS DE MAGDALENA MARIÑO

Non é este un dato moi coñecido, pero na primeirísima Irimia, aquel semanario que comezou a redactarse en Vilalba, con Pepe Chao e Sari, con Victorino Pérez, con X.A. Miguélez e Manolo Regal, había unha colaboradora chamada Magdalena Mariño. Ese era o alcuño que se puxo Agustín Fernández Paz, un profesor de secundaria que escribía sobre ensino e pedagoxía.

Case trinta anos despois Agustín Fernández Paz é un respectado e premiadísimo escritor en Galicia e no mundo, incluída España, que lle concedeu o premio nacional de literatura infantil e xuvenil na súa edición de 2008, pola súa obra O único que queda é o amor. Amor e coherencia.

Estes días Fernández Paz estivo moito na prensa, por algo nada habitual: por renunciar, por coherencia, a un premio importante, concedido pola actual Xunta, a través de Cultura e Turismo: o premio da cultura galega.

Desde Irimia sentimos agradecemento e orgullo polo noso colaborador daqueles inicios, un xesto que marca camiño. E dalgunha maneira sentimos que aquel espírito de gratuidade, de servizo, de anonimato e ausencia de protagonismos, de militancia a prol do aparentemente imposible, de todo iso que vive en Irimia desde sempre… está presente nesa decisión da nosa benquerida Magdalena Mariño. Ademais, o Agustín fíxoo con elegancia, sen ruído, con consistencia. Negouse a facer declaracións; só un comunicado breve e conciso: agradece ao xurado que se fixasen nel, considera que o premio é para todo un colectivo de escritores de literatura xuvenil e di que non o pode aceptar porque está comprometido coa palabra dada no manifesto do colectivo Prolingua, ao que se remite.

Que di ese manifesto? Algo elemental, contundente, limpo. Co título de “Rosalía Castro non o aceptaría ” manifestan “que nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega” Aínda máis: “as mellores intelixencias deste país non aceptarán ser utilizadas… e xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con protocolario boato”.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en In memoriam coas etiquetas , . Ligazón permanente.

One Response to In memoriam: Agustín Fernández Paz

  1. Xavier Nogueira di:

    Soamente unha corrección: “Magdalena Mariño” non era daquela profesora de secundaria senón maestra de escola. Semella como que Agustín non fora ninguén, nin soubera escribir, ata os últimos anos en que exerceu nun IES de Vigo.
    No discurso de Trasalba, logo de que o presentador obviara esta longa dedicación da súa vida docente, Agustín revindicou no discurso de aceptación, repetíndo moitas veces, o seu amor pola profesión de mestre, na que pouco a pouco – por pura necesidade escolar, dicía – dou comenzo súa vocación literaria.
    Se tedes ocasión leede o discurso para cercionarvos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s