Indicacións e Avisos XXXIX Romaxe de Crentes Galeg@s – SÁBADO, 1O DE SETEMBRO, 2016


Foto 4

Desde a Asociación Irimia informásevos dos seguintes aspectos en col da XXXIX Romaxe no monte Seixo:

Para chegar, seguir as indicacións do mapa: Cerdedo > aldea de Carballás > rotonda do transformador do parque eólico (Mámoa Ghrande) > ermida da Santa Mariña.

  • Aviso 1: Cadaquén debe traer unha pedriña para ritualizar o “paso da Porta”. Para ritualizar o “paso da Porta” (“Eu renazo galego!”) cómpre que cadaquén faga a viaxe provisto dunha pedriña que, poñéndolle o ramo ao acto e a xeito de exvoto, depositarase formando un milladoiro.
  • Aviso 2: Ao remate da sección celebrativa, gozaremos dun xantar en fraternidade. No alto haberá servizo de bar-restaurante baixo carpa e un telderete de polbo á feira. Cadaquén traerá a súa comida, mais quen o prefira, ten a posibilidade de, coa debida antelación, encargar o xantar (racións de polbo, empanadas, bocadillos, bebida, pan…) no seguinte nº de teléfono: 630825203  (Restaurante “O Meu Lar”).
  • Aviso 3: Non esquezan engadir á súa equipaxe algo de roupa de abrigo, un parasol ou paraugas e/ou unha viseira (máis vale previr).

Boa e participativa Romaxe!

 Romaxe cercedo - mapa

Deixar un comentario