XXXIX – ROMAXE DE CRENTES GALEGAS/OS
MONTE SEIXO, CERDEDO (PONTEVEDRA),
SÁBADO, 1O DE SETEMBRO, 2016
“Romeiros do Alén”
Esperámosvos a todas e todos nesta telúrica paraxe, tan humana e socialmente representativa da loita pola sobre-vivencia e a súa conservación!
-Sabede que se chega ao lugar da Celebración tanto en coche como en autobús, (sen problemas).
-No lugar da Celebración atoparemos á venda os textos da mesma, para poder seguila; tamén medallóns de Sargadelos, conmemorativos desta Romaxe, ademais de outros materiais de Irimia.
-Contarase cunha tenda e toldo para degustar o polbo
-A música dos amigos da Quenlla, xunto con outras músicas do lugar, encherán o espazo na Celebración e na festa.
HORARIO DA ROMAXE:
11:00 Acollida de romeiros (cun petisco)
12:00 Celebración “Romeiros do Alén”
14:00 Xantar campestre e solidario
16:00 Festa
18:30 Oración da tardiña en San Xurxo de Sacos,
(Preparan as compañeiras/os de Vigo)