Filgueira


fvO fachineiro das letras
A.Q.

Pois armouse unha lea xeitosa co gallo da elección de Filgueira Valverde para o Día das Letras do próximo ano. Aféanlle algúns o seu pasado falanxista, a súa alcaldía en Pontevedra durante o franquismo, o permiso a ENCE na ría. Si, foi un dos deles. Outros din que como son os mesmos nomes os que están en todas as institucións neste pequeno recuncho do mundo, pois que hai certa tendencia endogámica a perpetuar os do círculo de cadaquén. Pero claro, o que se homenaxea é un home de Letras, non as ideas que profesase. Outramente habería que retirar a homenaxe de Cunqueiro ou a Risco? Lembremos que o de Mondoñedo escribiu que se resistía a aceptar que o voto de Nixeria valese na ONU o mesmo ca o de Irlanda ou Portugal; ou cando observou, antes de
entrar nunha caseta dunha feira do libro na que antes asinara Marcelino Camacho, de CCOO, que habería que desinfectala. E que descubrir de Risco, que pasou de escribir Teoría do nacionalismo galego a facerlle poemas a Franco? A Academia é un sitio de ­sobre todo­ homes que por xunto suman dous milenios, pero son os mesmos que escolleron a Novoneyra, a Lois Pereiro ou a Vidal Bolaño.

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s