Superioridades morais


Daniel López Muñoz

Estamos pampos polo afán do goberno por controlar a “fraude dos parados”. A vicepresidenta Soraya tivo con iso unha importante metida de zoca, cando falou de máis de medio millón de parados aos que cacharan coas mans na fraude e, como consecuencia, penalizaran. Despois resultou que os casos de fraude eran moitísimos menos, que se trataba, en realidade, de prestacións retiradas por incumprimentos do tipo “non pasar a revisión no día que tocaba”. Pero había que ver a voz de satisfacción coa que a Vice repetía esa vitoria da maquinaria estatal contra esa manda de pícaros defraudadores.

Hai unha obsesión compulsiva na dereita por deter a “sangría” que para as arcas públicas significan as paradas e os empobrecidos subsidiados. Na Xunta respírase esa mesma obsesión por parte da Conselleira do ramo e epígonas contra os que defraudan na RISGA. Os marxinados e as descarreiradas seica son un problema orzamentario de primeira orde, con eses catrocentos euros disque cobrados pola cara. Pero acougade: xa se encargan elas de metelos en cintura!

E o ABC quita, no entanto, un especial sobre a fin “da superioridade moral de esquerda”. Mira ti. Pero que curioso que as máis empeñadas e os máis comprometidos en perseguir aos que fan chapuzas para sobrevivir e completar esas rendas de subsistencia sexan precisamente quen, en plena crise financeira, foron incapaces de aproveitar o momento – o cabreo, a lexitimación, a desculpa do déficit público- para perseguir os defraudadores de vulto. Efectivamente, as cifras de fraude fiscal estimado no Estado español van de 20.000 millóns de euros ata os 89.000 millóns, quen sabe, pero si se sabe que esa fraude se nutre de grandes empresas e grandes fortunas, por non citar o choio ese das SICAV que é un truco para que os ricos non paguen impostos.

A única superioridade moral que quere a xente é unha clara defensa da igualdade e da transparencia. Así de fácil e de difícil. Comezando por un. Pero hai a quen lle doe máis un euro estragado para un miserias que un millón para un Blesa. Ben é certo que cando un xoga no equipo de Bárcenas o da moral ten que ser unha cousa relativista de todo. Só así se explica ese afán por “lavar a imaxe do equipo” axexando e criminalizando aos excluídos do banquete, que bastante ben se están a portar, dito sexa sen ánimo de provocar ao persoal.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s