Verán


Para moitas persoas xa chegou o período de vacacións, para outras as vacacións non chegarán pois non teñen un traballo remunerado. As crianzas xa despediron o curso escolar ata setembro, e xogan polos parques, praias e montes; moitas nais e pais fan encaixe de bolillos para, mentres seguen traballando, deixar as pequenas/os con avós e avoas, en ludotecas e campamentos; a conciliación da vida laboral e familiar segue a ser unha materia pendente para as empresas, sindicatos e institucións.

Pero, nos momentos que poidamos gocemos do verán, dos raios de sol, dos paseos na tardiña pola area húmida, da terra e a herba, das sombras dos castiñeiros, dos baños na auga do mar e do río. Gocemos da beleza que nos brinda a natureza, a visual, a sonora, a beleza das sensacións e emocións que provoca. Deitarse sobre a herba, e sentir que a terra sostén o peso do corpo, escoitar os paxaros, o movemento das follas, facerte parte da paisaxe, son sensacións que fan medrar o noso benestar. Cadaquén cos seus gustos, a natureza está aí e o goce que dela fagamos é unha opción: hai a quen lle gusta máis o son das ondas pola mañá, a quen lle apetece máis a bañadura da tarde, ou a quen o que lle apetece é sentarse nas rochas a deleitarse cunha posta de sol. E o mellor, é que todas esas pinturas, esas composicións musicais e sensacións que nos brinda son de balde. Unha pequena reflexión: como tratamos nós toda esa beleza? No noso compromiso coa vida temos presente o noso compromiso coa nai terra? Ás veces esquecemos o seu valor, e non nos decatamos que de repente chega un verán no que non atopas xoaniñas, lucecús, no que non escoitas a música dos grilos… e de socato botas en falta cousas que pensabas que sempre estaban aí, agardando a que ti as desexaras ver.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s