Pobreza


Pedro Pedrouzo Devesa

Cinco millóns de persoas encóntranse en situación de exclusión social extrema en España, segundo o informe Análises e Perspectivas 2014 de Cáritas. A pobreza, se algún día deixou de selo, volve ser un gravísimo problema no noso país. As rúas das nosas vilas son un tímido espello da situación de miles de casas. Agrávase a mendicidade. Diariamente temos que pasar a vergoña de non dar parte do noso diñeiro a quen o necesita, sen decatarnos de que perfectamente poderiamos estar na situación inversa.

A especulación urbanística e financeira e a corrupción política e bancaria proporcionáronnos os anos de maior bonanza económica. Provocounos o insensato espellismo de que se gañaba máis nas obras que estudando. Facilitou temporalmente a millóns de persoas un diñeiro que, case tan rápido como entrou, tivo que saír engordado das súas contas. Fomos vítimas dunha avalancha económica que deixou sen fogar a miles de persoas, roubou os aforros de moitísimas delas e nos deixou empeñados (no mellor dos casos) polo resto das nosas vidas.

A pobreza era a realidade; a riqueza, o espellismo do que espertamos desprotexidos.

Tampouco temos moi claro como saír desta espiral de pobreza que se agranda a diario. Toda a xenerosidade e comprensión que temos coa banca e coas eléctricas desaparece cando buscamos receitas para acabar coa pobreza, porque seguimos facendo máis ricos aos ricos e máis pobres aos pobres.

Porén, nos últimos tempos observamos como, xa antes de abrir o día, os medios convócannos a maitines repetindo a letanía necesaria do emprendedor: hoxe pode ser o meu día.

Realmente, o goberno actual está conseguindo reforzar a autoestima de moitas persoas, que teñen a evidencia de que se eles non saen cos seus propios medios da pobreza, non o van conseguir doutra forma. A incapacidade de deseñar unha estratexia clara de crecemento para este país, diferente de abaratar salarios e agardar a que o turismo nos salve, condena a cada persoa a buscar o seu desenvolvemento persoal, o mellor de si mesmo, para saír da pobreza.

Durante moitos anos moitos sentímonos estúpidos por non gañar seis mil euros vendendo a casa que compraramos o ano anterior. Todo os demais eran moi listos. Hoxe sentímonos estúpidos por non ser uns bos emprendedores con éxito, co fácil que parece!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Política. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s